Presentación do libro " Na casa da avoa" de Marta Dacosta o 21 de abril ás 20:00h

 - - -
-

Presentación do libro " Na casa da avoa" de Marta Dacosta

21 de abril ás 20:00h

Prezado/a Visitante,

O Instituto de Estudos Miñoráns convídavos o venres 21 de abril ás 20:00h  á presentación do libro " Na casa da avoa" de Marta Dacosta,  na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avenida da Feira, 10 baixo en Gondomar.

Acompañada por María Reimóndez (escritora) e Franciso Castro (Editorial Galaxia)

Interpretarán poemas: Carlota Mosquera, Marta Fialho, Noelia Flannagan e Aldán Dacosta (estudantes da ESAD)

Na casa da avoa
 
Na casa da avoa é unha reflexión tecida con tres fíos: o da literatura, o da historia e o da vida. O tear en que se encontran mulleres míticas e mulleres reais, personaxes literarias e personaxes históricas, todas invisíbeis, porque se unhas son anónimas, outras, malia teren nome e coñecérmolo, foron deformadas, asimiladas e precisamos re-coñecelas.
Estas mulleres son as nosas avoas. Eses seres fabulosos que nos coidaron, que nos amaron e nos inculcaron dunha forma sutil, mais constante, o desexo de rebelarnos ou revelarnos, retirar os veos para vernos como somos, para descubrirnos, coñecernos. Abrazarnos tamén.
Avoas que nos sementaron a necesidade de falarmos coa nosa propia voz. E chegou o tempo de sermos nós as que falemos de Medea, Nefertiti, Ofelia ou Urraca.
Na casa da avoa é un libro de poesía, mais ten vocación de “cobertor desmesurado para abrigar as nosas almas do silencio”. Por iso nas súas páxinas hai mulleres de carne e óso, as avoas que nos foron parindo, xeración tras xeración.


 
Marta Dacosta (Vigo, 1966).

Publicou os libros de poesía: Crear o mar en Compostela, premio de poesía "O Grelo" 1993, Pel de ameixa,  premio González Garcés 1995, Setembro, premio "Martín Códax" 1998, En atalaia alerta, accésit do Esquío 1999,  As Amantes de Hamlet, 2003, Cinsa, 2009, Acuática alma 2011, Argola, premio O Figurante edicións 2013 e Dun lago escuro, premio Joham Carballeira 2013. A súa obra está recollida en diversas antoloxías como: Veinte puntos de fuga, do Ministerio de Cultura de Venezuela, Compañeira tristeza, Centro de Estudos Galegos da Universidade de San Petersburgo, Poetes gallecs d'avui, Llibres del Segle ou Galician poetyr, Metamorphoses 22,  Massachussetts. Publicou tamén o libro de viaxes Baixo Miño 2009, os textos do proxecto Un mar de mulleres 2010 e estudos sobre a obra de X.L. Méndez Ferrín, Victoriano Taibo ou Manuel María.
Páxina na Asociacións de Escritoraes en lingua galega: http://www.aelg.org/centro-documentacion/autores-as/marta-dacosta
Caderno persoal na rede: http://www.blogoteca.com/acuatica07/index.php
 


 
 - - -


Se non desexa recibir máis información do IEM pode darse de baixa aquí
Se desexa modificar os seus datos de usuario pode facelo aquí

Instituto de Estudos Miñoráns
Avda. da Feira, 10 Baixo 36380 Gondomar
Apdo. Correos Nº 30
Tfno.: 986 360 575
www.iem.gal

CONFIDENCIALIDADE. En cumprimento da Lei Orgánica 15/1999, de Protección de Datos de Carácter Persoal, informámolo de que se o desexa, poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, remitindo un correo electrónico á dirección oficina@iem.gal A información contida nesta mensaxe e os seus posibles documentos adxuntos é privada e confidencial e está dirixida únicamente ó seu destinatario/a. Se vostede non é o/a destinatario/a orixinal desta mensaxe, por favor elimínea.