RECORDATORIO:Félix Rodrigo Mora no faladoiro "A crise das megalópoles e o movemento da nova ruralidade" o venres 19 de maio ás 20:30h.

 - - -
-

A crise das megalópoles e o movemento da nova ruralidade.

Venres, 19 de maio ás 20:30h

Prezado/a Visitante,

O Instituto de Estudos Miñoráns convídavos a asistir ao faladoiro
 "A crise das megalópoles e o movemento da nova ruralidade.", organizado pola Rede Galega de Sementes ( Val Miñor) coa colaboración do IEM,que se desenvolverá na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avenida da Feira Nº 10 baixo, Gondomar, por Félix Rodrigo Mora e será presentado por César Lema,
o vindeiro venres, 19 de maio ás 20:30h.

"Tras decenios dun crecemento patolóxico das grandes cidades agora asistimos á posta en evidencia da súa irracionalidade e disfuncionalidade. Se ata hai pouco eran a expresión mesmo do óptimo, fronte a unha ruralidade estigmatizada de mil maneiras, hoxe son consideradas pola maioría dos seus habitantes como un espazo cada día máis negativo para facer nel a vida. Moitos desexan abandonalas e unha minoría atrévese xa facelo. Todo iso constitúe un dos problemas máis palpitantes do noso tempo"

Félix Rodrigo Mora

Escritor, historiador, filósofo e político nado en Soria en 1951. Autodidacta e alleo ao mundo académico.

Estudoso crítico das formas de estado, os sistemas de goberno e investigador da sociedade rural popular e a natureza negativa do estado de benestar.

Autor de 23 libros relacionados coa historia, a política, a economía e a ética, entre eles: Pensar o 15M e outros textos, O xiro estatolátrico,  Repudio experiencial do Estado de Benestar, Seis estudos sobre política, historia, tecnoloxía, universidade, ética e pedagoxía, Crise e utopía no século XXI. Natureza, ruralidade e civilización.
 - - -


Se non desexa recibir máis información do IEM pode darse de baixa aquí
Se desexa modificar os seus datos de usuario pode facelo aquí

Instituto de Estudos Miñoráns
Avda. da Feira, 10 Baixo 36380 Gondomar
Apdo. Correos Nº 30
Tfno.: 986 360 575
www.iem.gal

CONFIDENCIALIDADE. En cumprimento da Lei Orgánica 15/1999, de Protección de Datos de Carácter Persoal, informámolo de que se o desexa, poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, remitindo un correo electrónico á dirección oficina@iem.gal A información contida nesta mensaxe e os seus posibles documentos adxuntos é privada e confidencial e está dirixida únicamente ó seu destinatario/a. Se vostede non é o/a destinatario/a orixinal desta mensaxe, por favor elimínea.