Proxección do documental " A Guerra tamén foi nossa"da RTP, Radio Televisión de Portugal, sobre a historia dos portugueses represaliados polo franquismo na guerra civil española.

 - - -
-

Proxección do documental " A Guerra tamén foi nossa"da RTP, Radio Televisión de Portugal.

mércores 31 de maio, ás 20:30H

Prezado/a Visitante,


 
O Instituto de Estudos Miñoráns presentará o vindeiro mércores 31 de maio, ás 20:30H na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avenida da Feira, 10 baixo en Gondomar a proxección do documental" A Guerra tamén foi nossa" da RTP, Radio Televisión de Portugal, sobre a historia dos portugueses represaliados polo franquismo na guerra civil española.

Haberá un coloquio coas autoras da reportaxe Ana Luisa Rodrigues e Carla Quirino.

Presentarán o acto Antonio Arauxo Quintas e Xilberte Manso.


A guerra civil tamén marcou para sempre a vida de millares de familias portuguesas. Cidadáns que vivían preto da fronteira ou traballaban en varias rexións españolas, víronse atrapados no conflito. Cando estalou a guerra en 1936 había 30000 portugueses emigrantes no Estado Español, constituíndo a comunidade estranxeira máis numerosa. Tres anos despois, a represión afectou só na Galiza a 370 veciños portugueses, constatando o asasinato de 68 persoas.
Na reportaxe "A guerra também foi nossa", a RTP conta historias inéditas de portugueses que, a pesar de non teren ido á fronte de batalla, foron fusilados ou desapareceron a mans das forzas franquistas. Oitenta anos despois percorren a raia luso-española, da Galiza ao Alentejo, do Minho a Andalucía e rescatan as historias destes portugueses e das súas familias rotas polo horror da guerra.
Entre esas historias destacan as de Manuel Graciano Araújo e Abílio Barbosa Araújo. Manuel, natural de Viana do Castelo, residía temporalmente na Estrada, onde traballaba como xornaleiro e canteiro. Membro do PCE, foi acusado de galeguista e comunista e internado no campo de concentración da Illa de San Simón. Posteriormente, foi xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte e executado o 28 de decembro de 1936 na mesma cidade, rexistrándose a morte a causa de colapso cardíaco. Os seus restos repousan no cemiterio municipal de San Amaro da cidade do Lérez.
Abílio, nado en Paredes de Coura e residente en Gondomar, foi asasinado en 1937 no Rosal e soterrado pola veciñanza. O seu corpo foi exhumado en 2010 polo Instituto de Estudos Miñoráns, en colaboración con forenses do Instituto de Medicina Legal de Santiago.
"A Guerra também foi nossa" é unha reportaxe da xornalista Ana Luísa Rodrigues, con imaxes de Carla Quirino e edición de José Rui Rodrigues. Conta coa colaboración e asesoramiento do investigador Dionisio Pereira.

 
 - - -


Se non desexa recibir máis información do IEM pode darse de baixa aquí
Se desexa modificar os seus datos de usuario pode facelo aquí

Instituto de Estudos Miñoráns
Avda. da Feira, 10 Baixo 36380 Gondomar
Apdo. Correos Nº 30
Tfno.: 986 360 575
www.iem.gal

CONFIDENCIALIDADE. En cumprimento da Lei Orgánica 15/1999, de Protección de Datos de Carácter Persoal, informámolo de que se o desexa, poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, remitindo un correo electrónico á dirección oficina@iem.gal A información contida nesta mensaxe e os seus posibles documentos adxuntos é privada e confidencial e está dirixida únicamente ó seu destinatario/a. Se vostede non é o/a destinatario/a orixinal desta mensaxe, por favor elimínea.