Recordatorio: Presentación do libro: Carlos Casares. Vida e literatura de Damián Villalaín. Venres 2 de xuño ás 20:30H.

 - - -
-

Presentación do libro:
Carlos Casares. Vida e literatura.
De Damián Villalaín.
Presenta Camiño Noia.

Venres, 2 de xuño ás 20:30 

Prezado/a Visitante,

O INSTITUTO DE ESTUDOS MIÑORÁNS

 
aprácese en convidarte á presentación do libro:

Carlos Casares. Vida e literatura
de Damián Villalaín.


 
Intervención do autor Damián Villalaín, que será presentado por Camiño Noia Campos.

Unidos pola amizade con Carlos Casares, Camiño Noia desde a súa etapa de compañeiros de carreira na Universidade de Santiago e Damián Villalaín compartindo responsabilidades na Editorial Galaxia durante máis dunha década,  ambos amigos ofrecerán unha breve “tertulia” á maneira do lembrado e celebrado Carlos Casares.

Damián Villalaín (Vigo, 1958) é licenciado en Historia da Arte e na actualidade profesor da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia. Escritor, crítico teatral, editor e xornalista, traballou na revista "Tintimán" e nos xornais "Atlántico diario" e "La Voz de Galicia", foi director do Centro Dramático Galego e subdirector da editorial Galaxia (1991-2002). En 2002 encargouse, xunto con Xan Carballa, da edición do libro Carlos Casares. Os amigos, as imaxes, as palabras. Membro da Fundación Carlos Casares, é un dos mellores coñecedores da figura humana e literaria deste escritor.
O acto terá lugar o vindeiro venres 2 de xuño ás 20:30 horas, para poder rematar ás 22:00, na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avenida da Feira, 10 baixo en Gondomar 
 - - -


Se non desexa recibir máis información do IEM pode darse de baixa aquí
Se desexa modificar os seus datos de usuario pode facelo aquí

Instituto de Estudos Miñoráns
Avda. da Feira, 10 Baixo 36380 Gondomar
Apdo. Correos Nº 30
Tfno.: 986 360 575
www.iem.gal

CONFIDENCIALIDADE. En cumprimento da Lei Orgánica 15/1999, de Protección de Datos de Carácter Persoal, informámolo de que se o desexa, poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, remitindo un correo electrónico á dirección oficina@iem.gal A información contida nesta mensaxe e os seus posibles documentos adxuntos é privada e confidencial e está dirixida únicamente ó seu destinatario/a. Se vostede non é o/a destinatario/a orixinal desta mensaxe, por favor elimínea.