RECORDATORIO: Presentación do segundo traballo de Zurrumalla " Camiño por ti" o venres 16 de xuño ás 20:30H.

 - - -
-

Presentación do segundo traballo de Zurrumalla " Camiño por ti" 

Venres 16 de xuño ás 20:30H

Prezado/a Visitante,

O Instituto de Estudos Miñoráns presenta  o segundo traballo do grupo musical Zurrumalla " Camiño por ti". 
Composto por Patri González: Pandeireta, pandeira e voz, 
Carlos Sabaríz,"Pelouro": Bombo, Suso Comesaña: Gaitas, saxo soprano e voz, Juan Comesaña, "Viti": Tamboril, Nacho Álvarez: Acordeón e voz, 
Bieito Lobariñas: Gaitas, cunchas, pandeireta e voz.
 
O acto será presentado por Xilberte Manso de la Torre, e terá lugar  na sede do IEM o venres 16 de xuño ás 20:30H (Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avda. Da Feira , 10 baixo. Gondomar) 

"Zurrumalla naceu como grupo alá por febreiro do ano 2000 cando un grupo de amigos decidimos dar pulo aos nosos anceios e ás nosas inquedanzas musicais. Desde o inicio, co esforzo e o tempo roubado aos nosos quefaceres cotiáns para os ensaios por acá e acolá, fomos quen de ilusionarnos e gozar coas notas que iamos arrincando á historia e tradición musical da terra. Arredor dela creamos un universo no que nos sentimos unidos, ledos e orgullosos. O noso desexo é compartir este gozo, esta ledicia e este orgullo amáis de que entre todos e todas, dignifiquemos a tradición. Por iso, durante estes anos da vida do grupo, e ao longo dos moitos concertos pola xeografía do país, procuramos ofrecer o mellor que como gaiteros podemos arrincar de nós".

Podedes acceder a máis info en: https://zurrumalla.wordpress.com
 - - -


Se non desexa recibir máis información do IEM pode darse de baixa aquí
Se desexa modificar os seus datos de usuario pode facelo aquí

Instituto de Estudos Miñoráns
Avda. da Feira, 10 Baixo 36380 Gondomar
Apdo. Correos Nº 30
Tfno.: 986 360 575
www.iem.gal

CONFIDENCIALIDADE. En cumprimento da Lei Orgánica 15/1999, de Protección de Datos de Carácter Persoal, informámolo de que se o desexa, poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, remitindo un correo electrónico á dirección oficina@iem.gal A información contida nesta mensaxe e os seus posibles documentos adxuntos é privada e confidencial e está dirixida únicamente ó seu destinatario/a. Se vostede non é o/a destinatario/a orixinal desta mensaxe, por favor elimínea.