Recordatorio: XEIRA IEM- Nigrán. Camos " Da Touza aos muíños de Táboas. Toponimia e patrimonio" Xoves 27 de xullo.

 - - -
-

XEIRA IEM- Nigrán. Camos " Da Touza aos muíños de Táboas. Toponimia e patrimonio"

Xoves 27 de xullo, ás 18:00h no concello de Nigrán.

Prezado/a Visitante,



O vindeiro xoves 27 de xullo, gozaremos dunha nova xeira de verán polo concello de Nigrán "Da Touza aos muíños de Táboas. Toponimia e patrimonio" que percorrerá unha ruta circular por Camos co noso especialista e guía Anxo Rodríguez Lemos.

A xeira ten como punto de encontro o Concello de Nigrán ás 18:00h, e o lugar da saída será no centro cultural A Camoesa de Camos, pouquiño despois do Pazo da Touza. Aparcados os coches, seguiremos cara a Torre da Lama para ir coñecendo o patrimonio máis sobranceiro da parroquia de Santa Baia de Camos.

Boa parte do territorio que, na actualidade, conforma o concello de Nigrán, estivo durante o Antigo Réxime baixo xurisdicción real. Eran terras de reguengo como o era Baiona, cabeza da Xurisdicción Real e vila á que pertencían os veciños da parroquia de Santa Baia de Camos no contencioso. No político e gobernativo, rendían contas ante o procurador xeral do partido do Val de Miñor. Santa Baia de Camos era pois, unha das quince parroquias dunha antiga xurisdicción real que desaparecería coa división municipal promulgada polas cortes de Cádiz coa que se constitúen os concellos de Panxón e A Ramallosa (suprimidos en 1823) orixe da nova ordenación municipal resultado da división proposta por Javier de Burgos en 1833.

Entre os puntos de interese que visitaremos están os seguintes:

A Torre da Lama ou Torre de Méndez
A Casa do Canónio
Conxunto etnográfico: A Fonte de Malde e O Cuberto do Carro da Casa de Malde.
A Terra dos Cruceiros: O Calvario.
O Cruceiro do Adro: O Cruceiro Maior
Camposanto e igrexa parroquial de Santa Baia de Camos.
O panteón do Rei dos Cafeteiros: Don Francisco San Román.
O Muíño de Riba: muíños no río de Táboas
O Pazo da Touza ou Casa das Señoritas de Pla.


Enlace aos puntos de encontro:

https://drive.google.com/open?id=1Vve2y6TxTA6nkui4cs7rW5-BVaI&usp=sharing
 - - -


Se non desexa recibir máis información do IEM pode darse de baixa aquí
Se desexa modificar os seus datos de usuario pode facelo aquí

Instituto de Estudos Miñoráns
Avda. da Feira, 10 Baixo 36380 Gondomar
Apdo. Correos Nº 30
Tfno.: 986 360 575
www.iem.gal

CONFIDENCIALIDADE. En cumprimento da Lei Orgánica 15/1999, de Protección de Datos de Carácter Persoal, informámolo de que se o desexa, poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, remitindo un correo electrónico á dirección oficina@iem.gal A información contida nesta mensaxe e os seus posibles documentos adxuntos é privada e confidencial e está dirixida únicamente ó seu destinatario/a. Se vostede non é o/a destinatario/a orixinal desta mensaxe, por favor elimínea.