Recordatorio: XEIRA IEM-Gondomar. Morgadáns: "A propósito da etnografía". Mércores, 2 de agosto.

 - - -
-

XEIRA IEM-Gondomar. Morgadáns: "A propósito da etnografía". Mércores, 2 de agosto.

Mércores, 2 de agosto ás 18:00h

Prezado/a Visitante,

O vindeiro mércores 2 de agosto, gozaremos dunha nova xeira polo concello de Gondomar na parroquia de Morgadáns "A propósito da etnografía", dentro do programa das xeiras de verán 2017 do IEM, que será guiada polo noso especialista Antonio Soliño Toncoso. A xeira ten como punto de encontro o local do IEM (Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avda. Da Feira, 10 baixo Gondomar) ás 18:00h.

Enlace ao punto de encontro:

https://drive.google.com/open?id=1Z_gXk-r-YxZCKWRGI69Hj5a5afA&usp=sharing
 
MORGADÁNS. A PROPÓSITO DA ETNOGRAFÍA

Guiada por ANTONIO SOLIÑO TRONCOSO

A XEIRA. APROXIMACIÓN.

Se damos crédito ás investigacións de Ávila y La Cueva e outros autores pode dicirse que Morgadáns no medievo foi cabeza de morgado. Varios documentos do século XII identifican indistintamente coa parroquia as advocacións de Santa María, San Miguel e Santiago o cal leva a pensar que esta puido ser un señorío na alta idade media que englobaría as limítrofes de Peitieiros e Chaín. De feito, na última, no Coto do Abade, localizáronse vestixios dunha torre medieval mencionada en documentos do XII e XIII como Castelo de Morgadáns, de xurisdición real. En consecuencia, o topónimo da parroquia puidese estar vinculado aos acontecementos referidos.

A mediados do século XVI, en 1553, esta parroquia é herdada por D. García Sarmiento de Soutomaior, segundo da casa de Salvaterra e Sobroso, capitán xeral, e á fin pai de Diego Sarmiento de Acuña, I Conde de Gondomar. En 1579 don García funda na cidade de Toro un morgado encabezado pola casa principal e terras de Gondomar no cal algúns autores inclúen a Morgadáns. O certo é que durante o antigo réxime Morgadáns no político e gobernamental dependerá do Procurador Xeral do Partido de Val de Miñor e no xurídico e contencioso do Xuíz de Baiona, onde o Correxedor representaba o rei. En todo caso, o I Conde de Gondomar no testamento deixa noticia do que entende como inxerencias da real vila no referente á xurisdición da parroquia por se algún descendente quere continuar o preito que el non puido rematar.Coa chegada do réxime liberal, Morgadáns, que se constituíra en concello durante o Trienio Liberal, pasa a integrar o Concello constitucional de Gondomar en 1836, confirmado por R.O. de febreiro de 1837.

Faremos un percorrido parcial pola parroquia intentando identificar o rico e maltratado patrimonio etnolóxico que posúe. Ao longo do paseo veremos o barrio de San Roque, con tipolóxicas casas de patín e corredor, capela, cruceiro, peto de ánimas, fonte,...; a contorna da antiga e pétrea ponte de Baralla sobre o río Morgadáns; o cemiterio indiano parroquial; o antigo barrio da Pedra, coroado pola parroquial, no que converxen todos os camiños estruturantes da parroquia e onde nos toparemos con lendas, restos medievais, escultura barroca e importantes exemplos de arquitectura vernácula; por último, o barrio do Lago cunha casa brasonada do XVII, exemplos de como non debe ser tratada a etnografía e o patrimonio en xeral, importantes camiños "tumbales" de pronunciada pendente e notables vistas panorámicas sobre o Val de Miñor.
 - - -


Se non desexa recibir máis información do IEM pode darse de baixa aquí
Se desexa modificar os seus datos de usuario pode facelo aquí

Instituto de Estudos Miñoráns
Avda. da Feira, 10 Baixo 36380 Gondomar
Apdo. Correos Nº 30
Tfno.: 986 360 575
www.iem.gal

CONFIDENCIALIDADE. En cumprimento da Lei Orgánica 15/1999, de Protección de Datos de Carácter Persoal, informámolo de que se o desexa, poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, remitindo un correo electrónico á dirección oficina@iem.gal A información contida nesta mensaxe e os seus posibles documentos adxuntos é privada e confidencial e está dirixida únicamente ó seu destinatario/a. Se vostede non é o/a destinatario/a orixinal desta mensaxe, por favor elimínea.