11º XEIRA ALÉN MIÑOR: A Fonsagrada 12,13,14 e 15 de outubro de 2017.

 - - -
-

11º XEIRA ALÉN MIÑOR: 
A Fonsagrada  

12,13,14 E 15 DE OUTUBRO DE 2017

Prezado/a Visitante,

11º XEIRA ALÉN MIÑOR: A Fonsagrada 
12,13,14 E 15 DE OUTUBRO DE 2017

 
 A Fonsagrada- A Raia Asturiana (etnografía, historia, identidade, paisaxe, abandono do rural) 

Principiado o outono encamiñarémonos cara á Comarca da Fonsagrada e as veciñas terras asturianas de Oscos e Salime, para gozar e alimentar o noso espírito e sensibilidade co seu rico patrimonio natural, etnográfico, lingüístico e cultural recoñecido dende o ano 2007 como reserva da Biosfera por parte da Unesco.
A titularidade de que é o concello de máis extensión de Galicia, xunto con que case un 80 % do seu territorio está ocupado por superficie forestal significa que o sentimento de ruralidade, de apego ós costumes está moi enraizado na veciñanza. Noutrora foi un concello densamente poboado; nos anos 20 do século pasado estaban censadas 17.000 persoas, na actualidade non chega os 4.000 habitantes.

A súa paisaxe esgrevia facilitou o desenvolvemento dunha natureza impoñente, que o mesmo tempo complicou as comunicacións co resto de Galicia, favorecendo o seu illamento. Esta circunstancia carrexou un atraso económico e social respecto a outros zonas do país (como exemplo, a luz eléctrica chegou a Fonsagada no ano 1983) ó mesmo tempo que favoreceu o desenrolo dun rico patrimonio lingüístico e cultural, compartido coas comarcas irmáns dos Oscos-Eo, como o demostra o galego falado que non entende de fronteiras territoriais.
“A Fonsagrada, monte sen leña, fontes sen auga, muller sen vergoña, home sen palabra” (dito popular)
 
 
ITINERARIO
Horario aproximado

 
1º día, xoves 12 Outubro

Saída 8.00 Gondomar
Chegada a A Fonsagrada 12.00
12,15 Visita Museo ETNOGRÁFICO
14,15 Xantar n’A Fonsagrada
16.15 Visita ó pobo Lamas de Moreira (arquitectura singular, etnografía
e paisaxe)
18.30 Paseo por A Fonsagrada con explicación do topónimo e a historia
21.00 Cea n’A Fonsagrada
 
2º día, venres 13 Outubro

9.00 Almorzo Casa Manolo e Albergue Cantábrico
10.30 Seimeira de Vilagocende
12. 00 Paseo ata a Pena do Inferno, praia fluvial d’A Fonsagrada
14.00 Xantar na Pena do Inferno
16.15 Visita a Fornaza e miradoiro de Arexo (historia do ferro, a fábrica, o encoro de Gran Suarna, a estrada da República etc)
18.00 Negueira de Muñiz con parada nunha adega e no miradoiro de Nogueira (comuna hippy)
19.30 Troba do Burón , antiga cabeza do concello
20.30 Charla sobre o galego da bisbarra Eo-Naviega (Antón Santamarina, RAG)
21.00 Cea n’A Fonsagrada
 
3º día, sábado 14 Outubro

9.00 Almorzo Casa Manolo e Albergue Cantábrico
10.45 Museo etnográfico de Grandas de Salime
12.30 Museo arqueolóxico e Castro de Grandas de Salime
14.30 Xantar en Mazonovo, Santa Eulalia de Oscos
16.45 Visita a ferrería de Mazonovo
18.00 Visita e paseo por Santa Eulalia de Oscos
20.00 Porto do Acebo (Batallón Galicia e o Comandante Moreno)
21.00 Cea libre n’A Fonsagrada
 
4º día, domingo 15 de Outubro

9.00 Almorzo Casa Manolo e Albergue Cantábrico
10.15 Camiño dos pintores-Allonca
12.30  Dolmen de Montouto-Real Hospital de Santiago de Montouto
14.30 Xantar no Cádavo (Baleira)
 
 
CARACTERÍSTICAS DA VIAXE
 
DATA: 12-15 de Outubro 2017
GUÍAS: Laura Fernández, Pegerto Saavedra e Juanjo Molina
 
Colaboracións: Antón Santamarina, M. Xosefa Ortiz 
 
HORARIO APROXIMADO
 
SAÍDA DO AUTOCAR, 12 Outubro, xoves  : 8:00 de Gondomar dende a explanada do Pavillón de deportes.
CHEGADA: 15 de Outubro, domingo aproximadamente ás 21.00, ó mesmo lugar de partida.
 
Para anotarse á Xeira haberá que chamar ao IEM ao teléfono 986 360575, de luns a venres de 18.00 a 21.00, ou escribir un correo electrónico a oficina@iem.gal
  • PREZO SOCIOS/AS: 228 EUROS
  • PREZO NON SOCIOS/AS: 240 EUROS
  • Nº DE CONTA IEM: ES95 2080 5035 0730 4001 4164
O prezo inclúe a viaxe en autobús de 56 prazas, o seguro, aloxamento, almorzo, catro xantares, dúas ceas, as visitas ós museos e guías.
 
 
 - - -


Se non desexa recibir máis información do IEM pode darse de baixa aquí
Se desexa modificar os seus datos de usuario pode facelo aquí

Instituto de Estudos Miñoráns
Avda. da Feira, 10 Baixo 36380 Gondomar
Apdo. Correos Nº 30
Tfno.: 986 360 575
www.iem.gal

CONFIDENCIALIDADE. En cumprimento da Lei Orgánica 15/1999, de Protección de Datos de Carácter Persoal, informámolo de que se o desexa, poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, remitindo un correo electrónico á dirección oficina@iem.gal A información contida nesta mensaxe e os seus posibles documentos adxuntos é privada e confidencial e está dirixida únicamente ó seu destinatario/a. Se vostede non é o/a destinatario/a orixinal desta mensaxe, por favor elimínea.