Recordatorio: XEIRA IEM-Nigrán (Ramallosa)- "San Pedro da Ramallosa. Monumentos, lendas e paisaxes." Luns 14 de agosto.

 - - -
-

XEIRA IEM-Nigrán (Ramallosa)- "San Pedro da Ramallosa. Monumentos, lendas e paisaxes."

Luns 14 de agosto, ás 18:30 h.

Prezado/a Visitante,



O vindeiro luns 14 de agosto, gozaremos dunha nova xeira polo concello de Nigrán na parroquia da Ramallosa "San Pedro da Ramallosa. Monumentos, lendas e paisaxes.", dentro do programa das xeiras de verán 2017 do IEM, e coa colaboración do concello de Nigrán, que será guiada polo  especialista Antonio Soliño Troncoso.
 A xeira ten como punto de encontro a Capela de San Campio na Ramallosa ás 18:30h.

Enlace ao punto de encontro:

https://drive.google.com/open?id=1N-J6l4qswZsjkAPwG1WpUFat8b8&usp=sharing​

AS XEIRAS DO IEM. VERÁN 2017
 
SAN PEDRO DA RAMALLOSA. MONUMENTOS, LENDAS E PAISAXES.
 
Guiada por
ANTONIO SOLIÑO TRONCOSO
 
A XEIRA. APROXIMACIÓN.
A parroquia de San Pedro da Ramallosa era coñecida no século XII como San Pedro de Filgueira, transformándose máis tarde en Filgueiras, denominación que segundo os libros parroquiais aínda mantiña a mediados do XVIII, antes de mudar para a actual. Durante o Antigo Réxime integrou o Partido de Val de Miñor polo que no político e gobernativo se debía ao Procurador Xeral do devandito Partido mentres que no contencioso estaba baixo xurisdición do Xuíz do reguengo de Baiona. Coa chegada dos concellos constitucionais San Pedro pasa a integrar o de Nigrán o 7 de decembro de 1836, ratificado mediante R.O. en febreiro do ano seguinte.
Esta xeira pretende complementar a que con final en Panxón realizou o IEM polos areais da parroquia o ano pasado. Aquela tivo como fío condutor o Rexionalismo arquitectónico e a repercusión que sobre algunhas das intervencións exerceron indianos nados nela. A presente, cunha motivación máis variada, atenderá a parámetros históricos, monumentais, paisaxísticos, etnográficos,... e rematará enlazando co tema da pretérita citada, o Rexionalismo e os indianos. Entre outras pezas comentaremos a capela e cruceiro de San Campio emprazadas a carón do esteiro do río Miñor; a medieval ponte da Ramallosa, unha das máis belas de Galicia; as distintas edificacións do pazo de Pías; a murada granxa da Robaleira, de século XVI; un tramo da antiga Estrada Real ao Val da Louriña; a parroquial de orixe románica e o cemiterio hixienista no que asentan monumentais panteóns; a primeira adega de viño espumoso do Val de Miñor; cruceiros do XVI e XVII; e arquitectura rexionalista construída por indianos en emprazamentos de privilexio. Tamén falaremos de encrucilladas e lendas, de persoeiros e algúns dos seus soños, de árbores senlleiras e paisaxes feridas. Todo durante as aproximadamente tres horas e cuarto que nos levará percorrer os cómodos catro quilómetros e medio de trazado previsto.   
 - - -


Se non desexa recibir máis información do IEM pode darse de baixa aquí
Se desexa modificar os seus datos de usuario pode facelo aquí

Instituto de Estudos Miñoráns
Avda. da Feira, 10 Baixo 36380 Gondomar
Apdo. Correos Nº 30
Tfno.: 986 360 575
www.iem.gal

CONFIDENCIALIDADE. En cumprimento da Lei Orgánica 15/1999, de Protección de Datos de Carácter Persoal, informámolo de que se o desexa, poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, remitindo un correo electrónico á dirección oficina@iem.gal A información contida nesta mensaxe e os seus posibles documentos adxuntos é privada e confidencial e está dirixida únicamente ó seu destinatario/a. Se vostede non é o/a destinatario/a orixinal desta mensaxe, por favor elimínea.