Corenta e nove orixinais concorren á décima edición do Premio de poesía Victoriano Taibo.

 - - -
-

Corenta e nove orixinais concorren á décima edición do Premio de poesía Victoriano Taibo.

Prezado/a Visitante,

O día 31 de xullo rematou o prazo de presentación ao certame poético VictorianoTaibo que convoca o Concello de Gondomar, en colaboración co Instituto de Estudos Miñoráns. A esta que xa é a décima edición concorren 49 orixinais.

A decisión do xurado será dada a coñecer na segunda quincena do mes de setembro e a entrega do premio terá lugar o día 18 de novembro no Auditorio Lois Tobío de Gondomar.

Nas nove edicións anteriores resultaron galardoados as e os poetas: Carlos Negro con Cultivos Transxénicos, Mª CarmenCaramés con Cuarto Minguante, Elvira Riveiro e Silvia Penas con Biografía da Multitude, Mª Goretti Fariña con Devastacións dispoñibles, Calros Solla con Holocausto Zacoe, Conchita Álvarez Lebredo con Distancias e Simetrías, Ramón Sandoval con Territorios Estraños, Lara Rozados con O caderno amarelo, Iñaki Varela con Do outro lado das portas e Xosé Iglesias con A relixión do mar.

VictorianoTaibo, poeta das Irmandades da Fala, foi unha figura sobranceira nos dous primeiros terzos do século XX. Mestre de profesión, tivo unha importante actividade cultural e foi membro do Seminario de Estudos Galegos, da Real Academia Galega e do Instituto de Estudos Históricos do Minho. Publicou en vida os poemarios Abrente (1922) e Da vella roseira (1925) e a obra narrativa Da agra aberta, contos e lendas (1956); deixou inéditos dous volumes de poesía, Abicedo e Cabrinfollas, que foron publicados en 2008 pola editorial Follas Novas, edición dirixida por Armando Requeixo; ademais conta con abundante obra espallada en diversas publicacións tanto galegas como da emigración americana. No ano 2008 recibiu unha homenaxe en Morgadáns, lugar onde exerceu a súa docencia durante 20 anos, organizada polo IEM, que con tal motivo reeditou Da agra aberta e publicou unha Revista monográfica sobre o personaxe que recolle interesantes aspectos da súa vida e obra, coa participación dun nutrido grupo de persoas do mundo da cultura.




Gondomar, 10 de agosto de 2017.
 - - -


Se non desexa recibir máis información do IEM pode darse de baixa aquí
Se desexa modificar os seus datos de usuario pode facelo aquí

Instituto de Estudos Miñoráns
Avda. da Feira, 10 Baixo 36380 Gondomar
Apdo. Correos Nº 30
Tfno.: 986 360 575
www.iem.gal

CONFIDENCIALIDADE. En cumprimento da Lei Orgánica 15/1999, de Protección de Datos de Carácter Persoal, informámolo de que se o desexa, poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, remitindo un correo electrónico á dirección oficina@iem.gal A información contida nesta mensaxe e os seus posibles documentos adxuntos é privada e confidencial e está dirixida únicamente ó seu destinatario/a. Se vostede non é o/a destinatario/a orixinal desta mensaxe, por favor elimínea.