XEIRA IEM-Baiona- Serra da Groba “Garranos, lobos e estrelas” Venres, 18 de agosto, ás 20:00 h.

 - - -
-

XEIRA IEM-Baiona-Serra da Groba “Garranos, lobos e estrelas” 

Venres, 18 de agosto, ás 20:00 h.

Prezado/a Visitante,


O vindeiro venres 18 de agosto, gozaremos dunha nova xeira polo concello de Baiona "Garranos, lobos e estrelas" na Chan da Lagoa na Serra da Groba (Baiona), dentro do programa das xeiras de verán 2017 do IEM, e coa colaboración deste concello, que será guiada por Xosé Lois Vilar , Bruno Centelles, e Xilberte Manso.
A xeira ten como punto de encontro o merendeiro da Chan da Lagoa, ás 20:00 horas.
Non é necesaria a inscrición previa.

REMATE DA XEIRA COA NOITE DE ESTRELAS

Remataremos esta xeira, xa en plena noite, facendo un alto no camiño para falar do firmamento, de estrelas e constelacións, de planetas… e das “Bágoas de San Lourenzo”.

Como cada ano, a mediados de agosto, convocámonos para contemplar xuntos una das chuvias de estrelas máis agradecidas de todo o ciclo anual: “As Perseidas”, tamén coñecidas como as “Bágoas de San Lourenzo”.

É certo que as noites máis propicias para a súa observación foron as desta pasada fin de semana, especialmente a do sábado para o domingo, pero tamén é certo que naquela altura tiñamos Lúa chea, o que dificultaba bastante a contemplación do ceo nocturno. Nas xornadas inmediatamente anteriores a situación era aínda peor coa Lúa aparecendo polo leste cada vez máis cedo e cada vez máis chea.

Falaremos das “Cousas do calendario”, dos movementos do noso pequeño planeta e das estacións do ano, de distancias e de tempos, da velocidade da luz, dos corpos celestes e tamén das principais estrelas e constelacións da noite estival.

Compartiremos un pouco da historia da astronomía e dalgunhas “historias” da astronomía e remateremos falando de cometas de estrelas fugaces e meteoritos…

Enlace ao punto de encontro: 

https://drive.google.com/open?id=1qguYO1IGGjX0tdmyrKVrVu1zB3U&usp=sharing

Detalles e recomendacións:

Dado que parte do percorrido será nocturno recomendamos levar lanternas e, previsoriamente, roupa de abrigo. Non sobrará algunha manta ou toalla grande para pór no chan e poder mirar para o ceo nunha posición cómoda.
 - - -


Se non desexa recibir máis información do IEM pode darse de baixa aquí
Se desexa modificar os seus datos de usuario pode facelo aquí

Instituto de Estudos Miñoráns
Avda. da Feira, 10 Baixo 36380 Gondomar
Apdo. Correos Nº 30
Tfno.: 986 360 575
www.iem.gal

CONFIDENCIALIDADE. En cumprimento da Lei Orgánica 15/1999, de Protección de Datos de Carácter Persoal, informámolo de que se o desexa, poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, remitindo un correo electrónico á dirección oficina@iem.gal A información contida nesta mensaxe e os seus posibles documentos adxuntos é privada e confidencial e está dirixida únicamente ó seu destinatario/a. Se vostede non é o/a destinatario/a orixinal desta mensaxe, por favor elimínea.