Encontros con contos - Contos saharauís en galego.

 - - -
-

"Encontros con contos"
Contos saharauis en galego. 

Xoves 24 de agosto ás 18:00h

Prezado/a Visitante,


 
O vindeiro xoves 24 de agosto os nenos e nenas saharauís e as súas familias acolledoras participarán na actividade “Encontros con contos” organizada polo IEM e no que se presentarán os contos de tradición oral saharauís dos compartidos e recollidos para posteriormente traducilos á nosa lingua galega ( “O peixiño Macarún” , “ A bolboreta e a formiga”, “ O ourizo e o lobo”, ” A velliña e o home enfermo” e “ O pantalón de Alí” ) .

Todos estes contos serán publicados na páxina web da Biblioteca Virtual da Asociación de Tradutores Galegos.

Dende o IEM queremos agradecer ás familias miñoranas este intercambio cultural e recibimos o seu exemplo solidario como un agasallo máis nestes tempos de crise, desexando que o próximo verán poidamos agrandar a colaboración destes nenos e nenas, que son a mellor semente dun futuro en paz.

O acto de presentación será na sede do IEM ás 18:00h.
 - - -


Se non desexa recibir máis información do IEM pode darse de baixa aquí
Se desexa modificar os seus datos de usuario pode facelo aquí

Instituto de Estudos Miñoráns
Avda. da Feira, 10 Baixo 36380 Gondomar
Apdo. Correos Nº 30
Tfno.: 986 360 575
www.iem.gal

CONFIDENCIALIDADE. En cumprimento da Lei Orgánica 15/1999, de Protección de Datos de Carácter Persoal, informámolo de que se o desexa, poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, remitindo un correo electrónico á dirección oficina@iem.gal A información contida nesta mensaxe e os seus posibles documentos adxuntos é privada e confidencial e está dirixida únicamente ó seu destinatario/a. Se vostede non é o/a destinatario/a orixinal desta mensaxe, por favor elimínea.