XEIRA IEM-Baiona- "Fortaleza Monte Real" Xoves, 7 de setembro, ás 18:30 h.

 - - -
-

XEIRA IEM-Baiona- "Fortaleza Monte Real"

Xoves, 7 de setembro, ás 18:30 h.

Prezado/a Visitante,


 
O vindeiro xoves 7 de setembro, gozaremos dunha nova xeira polo concello de Baiona "Fortaleza Monte Real", dentro do programa das xeiras de verán 2017 do IEM, e coa colaboración deste concello, que será guiada polo especialista Anxo Rodríguez Lemos.

punto de encontro desta xeira será na Oficina de Turismo ás 18:30 h.

Enlace ao punto de encontro:

https://drive.google.com/open?id=12vVRFVULOHlgLaEoQh-G3xASXZs&usp=sharing
 
AS XEIRAS DO IEM. VERÁN 2017

FORTALEZA MONTE REAL

Guía

ANXO RODRÍGUEZ LEMOS

 
Case tres quilómetros con triple cinturón de murallas pechan aproximadamente as 18 hectáreas centrais da península de Monte Boi en Baiona, centro da nosa vindeira xeira. Ao pé dos seus breves extramuros con pronunciadas costas ábrense as praias daCuncheira, Os Frades, A Barbeira e A Ribeira; este último areal, aberto ao Norte e protexido pola Doca, acolle o porto de Baiona, vila inmediata unida a Monteboi polo istmo da Palma.
A historia da fortaleza foi parella ó esplendor de Baiona desde que na Alta Idade Media se converte en vila urbana e principal porto das terras de Turonio. Entre os moitos fitos históricos destacables que presenciou, alén da chegada da carabela Pinta en 1493, houbo episodios claves da guerra civil do século XIV, con Suero Yañez de Parada como figura miñorana sobranceira, ou 1452, cando Juan II de Castela e León ratifica a importancia deste porto ó autorizalo para comerciar co estranxeiro xunto coa Coruña. Os dous únicos de toda Galicia con rango semellante.
En 1497, fai xa 520 anos, os Reis Católicos mudáronlle o nome de Monte do Boi polo de Monte Real ao fundar unha nova vila no interior da fortaleza baixo o amparo real. A Baiona extramuros floreceu á par da intramuros no século XVI coa reactivación da pesca e o comercio, este último, beneficiado polo favor real de comerciar coas Indias dende 1529 a 1573. Baiona crecería un 132% entre 1528 e 1591, pasando de 393 a 915 veciños e superándose os 100 hab/km2 no Val de Miñor. Entre os séculos XVI e XVIII as murallas son reforzadas e aumentadas ata a súa total ruínacando os canóns da antiga praza militar enmudecen un 24 de outubro de 1843. Coñeceremos a historia das súas portas históricas, das torres defensivas, baluartes, paisaxe da súa contorna e incluso a vida dos seus propietarios dende que, en 1874, sae tras moitos inconvintes o espazo amurallado a subasta pública. A visita será guiada polo historiador baionés Anxo Rodríguez Lemos quen, recentemente, ven de presentar na Universidade de Santiago de Compostela o seu traballo de fin de máster titulado A paisaxe cultural da fortaleza de Monte Boi: proposta didáctica aplicada no IES Primeiro de Marzo de Baiona.


Remataremos a xeira observando o solpor dende A Torre do Príncipe e Batería de Santiago.
 - - -


Se non desexa recibir máis información do IEM pode darse de baixa aquí
Se desexa modificar os seus datos de usuario pode facelo aquí

Instituto de Estudos Miñoráns
Avda. da Feira, 10 Baixo 36380 Gondomar
Apdo. Correos Nº 30
Tfno.: 986 360 575
www.iem.gal

CONFIDENCIALIDADE. En cumprimento da Lei Orgánica 15/1999, de Protección de Datos de Carácter Persoal, informámolo de que se o desexa, poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, remitindo un correo electrónico á dirección oficina@iem.gal A información contida nesta mensaxe e os seus posibles documentos adxuntos é privada e confidencial e está dirixida únicamente ó seu destinatario/a. Se vostede non é o/a destinatario/a orixinal desta mensaxe, por favor elimínea.