RECORDATORIO: Presentación do libro " Ser modou modou" de Cheikh Fayé. Mércores 20 de setembro ás 20:00h. Presenta Marta Dacosta.

 - - -
-

Presentación do libro " Ser modou modou" de Cheikh Fayé. 

Mércores, 20 de setembro ás 20:00h.

Prezado/a Visitante,


 
O vindeiro mércores 20 de setembro ás 20:00h o IEM acollerá a presentación do libro " Ser modou modou" do senegalés Cheikh Fayé. Será na Aula de Cultura Ponte de Rosas , Avenida da Feira, 10 baixo en Gondomar.

O autor estará acompañado pola escritora e coordinadora da sección de Filoloxía e Literatura do IEM, Marta Dacosta.

Cheikh Fayé emigrou á Coruña desde o seu Senegal natal buscando un futuro mellor, mais a crise tamén derrubou as súas arelas e hoxe vai tirando coa venda ambulante, como a maioría dos seu compatriotas.

O seu esforzo por integrarse e comprender Galiza, fai que hoxe non só se denomine a si mesmo senegalego, senón que mesmo comparta a nosa lingua, sendo este Ser modou modou o primeiro libro escrito en galego por un senegalés de nacemento.
Da súa odisea, metáfora da odisea doutro pobo obrigado a buscar o futuro na emigración, fala este libro.

María Xosé Bravo escribe no prólogo: "Estes textos que se presentan aquí ...son, nestes tempos de valados e fronteiras, un espazo libre, un xeito de diálogo con espírito aberto de reflexión crítica; unha visión sobre Galiza dunha persoa nacida a miles de quilómetros na África atlántica. Haberá outras moitas visións sobre Galiza, sen dúbida, mais esta ten mirada limpa, inocente, amable (demasiado amable?) mais tamén crítica, cando cómpre, sobre o noso país e as súas xentes."

 
 - - -


Se non desexa recibir máis información do IEM pode darse de baixa aquí
Se desexa modificar os seus datos de usuario pode facelo aquí

Instituto de Estudos Miñoráns
Avda. da Feira, 10 Baixo 36380 Gondomar
Apdo. Correos Nº 30
Tfno.: 986 360 575
www.iem.gal

CONFIDENCIALIDADE. En cumprimento da Lei Orgánica 15/1999, de Protección de Datos de Carácter Persoal, informámolo de que se o desexa, poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, remitindo un correo electrónico á dirección oficina@iem.gal A información contida nesta mensaxe e os seus posibles documentos adxuntos é privada e confidencial e está dirixida únicamente ó seu destinatario/a. Se vostede non é o/a destinatario/a orixinal desta mensaxe, por favor elimínea.