OBRADOIRO DE ESTEIRÓNS. 20 E 21 DE NOVEMBRO.

 - - -
-

OBRADOIRO DE ESTEIRÓNS


20 E 21 DE NOVEMBRO            DE 19:00H A 21:00H

Prezado/a Visitante,

O Instituto de Estudos Miñoráns acolle este mes de novembro un obradoiro de folla de cana, no que María Luisa Fernández ensinará a facer esteiróns.  Os días 20 e 21, de 19:00h a 21:00h no local do IEM (Avda.da Feira, 10 baixo- Gondomar).
O material para a súa confección será aportado polo IEM e o prezo deste obradoiro é de 5 €.

As prazas ofertadas son 15 por orde de inscrición.

Para anotarse haberá que chamar ao IEM ao teléfono 986 360575, de luns a venres de 18.00 a 21.00, ou escribir un correo electrónico a oficina@iem.gal
 
ESTEIRÓNS
Pezas feitas de folla de cana que se facía no outono, no tempo de recollida das canas. De formas redondas ou ovaladas, tiñan moitos usos, entre eles ser pezas para pousar os potes enferruxados e quentes que saían das lareiras. Tamén se usaban para poñer no chan diante da porta de entrada e limpar os pés, e mesmo para quentalos.
 - - -


Se non desexa recibir máis información do IEM pode darse de baixa aquí
Se desexa modificar os seus datos de usuario pode facelo aquí

Instituto de Estudos Miñoráns
Avda. da Feira, 10 Baixo 36380 Gondomar
Apdo. Correos Nº 30
Tfno.: 986 360 575
www.iem.gal

CONFIDENCIALIDADE. En cumprimento da Lei Orgánica 15/1999, de Protección de Datos de Carácter Persoal, informámolo de que se o desexa, poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, remitindo un correo electrónico á dirección oficina@iem.gal A información contida nesta mensaxe e os seus posibles documentos adxuntos é privada e confidencial e está dirixida únicamente ó seu destinatario/a. Se vostede non é o/a destinatario/a orixinal desta mensaxe, por favor elimínea.