Nigrán a través da Memoria- Repertorio de Margarida Mariño martes 31, ás 20:00h.

 - - -
-

Nigrán a través da Memoria- Repertorio de Margarida Mariño 

Martes 31 ás 20:00h.

Prezado/a Visitante,



O Instituto de Estudos Miñoráns, no fío do "Nigrán a través da Memoria", ofrecerá mañá martes ás 20:00 horas no Auditorio Municipal deste concello, un repertorio de cinco pezas interpretado pola violonchelista Margarida Mariño, que acompañará á lectura de narracións sobre a represión no Val Miñor.

Programa:

-Sarabande de la Suite 1 para violoncello Solo - J. S. Bach

-Unha noite na eira do Trigo - Curros Enríquez / Cesáreo Alonso Salgado

-El cant dels Ocells - Tradicional Catalana

-Lela - Castelao / Rosendo Mato

- El Cisne - Camille Saint Saëns

-Negra Sombra - Rosalía de Castro / Xoan Montes

Curriculum Margarida Mariño:

Comeza os seus estudos de violoncello ós oito anos no conservatorio de Vigo e licenciase en Barcelona polo Conservatorio Superior del Liceo. Recibiu clases de prestixiosos violoncellistas a nivel internacional coma Cristoph Coin, Asier Polo ou Arnau Tomás. Colaborou con proxectos orquestais coma La Via dei Concerti en Italia e Francia ou a Orquestra Solidaria Ressonance en Suiza, actualmente é membro titular da Orquestra Sinfónica Vigo 430.

Compaxina a súa traxectoria clásica con outros estilos coma a improvisación libre, o jazz e o folk no violoncello e o contrabaixo. Nos últimos anos formouse no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra co pianista e compositor Abe Rábade. Ten formado parte de distintos proxectos coma o dúoTreme, premio á mellor banda Galega no ano 2015 pola Concellería de Cultura de Santiago ou co mandolinista Fernando Barroso, co que presentará un novo traballo discográfico a partir do ano que ven.
Actualmente compaxina a súa carreira coma solista formando parte da programación do Teatro Real en Madrid coa súa faceta mais experimental, estudando os recursos do violoncello a través dos pedais e a electrónica.
 - - -


Se non desexa recibir máis información do IEM pode darse de baixa aquí
Se desexa modificar os seus datos de usuario pode facelo aquí

Instituto de Estudos Miñoráns
Avda. da Feira, 10 Baixo 36380 Gondomar
Apdo. Correos Nº 30
Tfno.: 986 360 575
www.iem.gal

CONFIDENCIALIDADE. En cumprimento da Lei Orgánica 15/1999, de Protección de Datos de Carácter Persoal, informámolo de que se o desexa, poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, remitindo un correo electrónico á dirección oficina@iem.gal A información contida nesta mensaxe e os seus posibles documentos adxuntos é privada e confidencial e está dirixida únicamente ó seu destinatario/a. Se vostede non é o/a destinatario/a orixinal desta mensaxe, por favor elimínea.