ACTO DE ENTREGA DO X PREMIO DE POESÍA “VICTORIANO TAIBO”

 - - -
-

ACTO DE ENTREGA DO X PREMIO DE POESÍA “VICTORIANO TAIBO”
 

Sábado, 18 de novembro ás 19:30 horas no auditorio municipal Lois Tobío.

Prezado/a Visitante,



 
 O xurado do X Premio de Poesía Victoriano Taibo, formado polos profesores e escritores Xulián Maure, Iria Misa, Gonzalo Navaza, Xosé Iglesias Lamela  e Marta Dacosta acordou concederlle o galardón ao poeta de Cee Rafa Vilar polo poemario titulado Erosións.

Trátase dun libro que combina a paixón e a intimidade cunha exquisita sinxeleza e intensidade lírica, froito dun coidadoso traballo de construción poética en que desaparecen as concrecións de xénero para converter os poemas na expresión total do amor. Un amor que non pode desprenderse da realidade e, mentres o eu poético constata a erosión do paso do tempo e as feridas da vida, convida a persoa amada a crear un horizonte “a salvo de naufraxios”, a través de cen poemas breves que empregan as palabras imprescindíbeis para construír imaxes intensamente poéticas.
 
O premio está dotado con 3000€ e unha peza escultórica da autoría de Fino Lorenzo.

O acto de entrega, conducido pola escritora Marta Dacosta, terá lugar o próximo sábado día 18 de novembro ás 19:30 horas no auditorio municipal Lois Tobío, co seguinte programa:
  • A banda de gaitas Balcón do Miñor, de Morgadáns, abre o acto.
  • O autor recibe o galardón da man do alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira, e recita algúns poemas da súa obra.
  • Intervención do director do IEM, Xulián Maure e do alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira.
  • Actuación do Coro Cantares do Brión.
  • Á saída, no vestíbulo, estará agardando un albaroque de confraternización durante o cal o autor asinará libros para quen o desexe. 
Organiza: Concello de Gondomar e Instituto de Estudos Miñoráns
Colabora: Panadaría Copena, Adegas Val Miñor e Construcións Metálicas Meixoeiro.


 
 - - -


Se non desexa recibir máis información do IEM pode darse de baixa aquí
Se desexa modificar os seus datos de usuario pode facelo aquí

Instituto de Estudos Miñoráns
Avda. da Feira, 10 Baixo 36380 Gondomar
Apdo. Correos Nº 30
Tfno.: 986 360 575
www.iem.gal

CONFIDENCIALIDADE. En cumprimento da Lei Orgánica 15/1999, de Protección de Datos de Carácter Persoal, informámolo de que se o desexa, poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, remitindo un correo electrónico á dirección oficina@iem.gal A información contida nesta mensaxe e os seus posibles documentos adxuntos é privada e confidencial e está dirixida únicamente ó seu destinatario/a. Se vostede non é o/a destinatario/a orixinal desta mensaxe, por favor elimínea.