Faladoiros do IEM: "Da motricidade humana ao paradigma vida" Eugenia Trigo Aza. Venres 17 de novembro ás 20:00h.

 - - -
-

Faladoiros do IEM: "Da motricidade humana ao paradigma vida" Uxía Trigo Aza.

Venres 17 de novembro ás 20:00h.

Prezado/a Visitante,

O vindeiro venres 17 de novembro ás 20:00h, o Instituto de Estudos Miñoráns dará comezo a un ciclo de faladoiros que terá como fío condutor a presenza da muller na sociedade. O acto terá lugar na sede do IEM, na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avda da Feira 10 baixo.

Eugenia Trigo Aza, escritora, doutora en Filosofía e Ciencias da Educación pola UNED (1989) e doutora en Educación Física pola UDC (1999). Galega de nacemento, viaxeira e cidadá do mundo participará con nós tratando o tema 'Da motricidade humana ao paradigma vida". Presenta Adela Mirás Calvo do IES Val Miñor de Nigrán.

“Con este faladoiro pretendo amosar o camiño da vida que me levou a esculcar en diversas áreas do coñecemento e vivir en distintos contextos socio-culturais, para instaurarme actualmente nunha investigación que nos permita progresar no ser corpóreo como cidadáns do mundo e do universo.

Un transcorrer que principiou nas aulas de educación física nos anos 70, proseguiu coa formación de mestres en diversas áreas e universidades europeas e latinoamericanas e derivou, na actualidade, en procesos de investigacións que me permiten ver e estar no mundo dende outras ópticas paradigmáticas.“
 - - -


Se non desexa recibir máis información do IEM pode darse de baixa aquí
Se desexa modificar os seus datos de usuario pode facelo aquí

Instituto de Estudos Miñoráns
Avda. da Feira, 10 Baixo 36380 Gondomar
Apdo. Correos Nº 30
Tfno.: 986 360 575
www.iem.gal

CONFIDENCIALIDADE. En cumprimento da Lei Orgánica 15/1999, de Protección de Datos de Carácter Persoal, informámolo de que se o desexa, poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, remitindo un correo electrónico á dirección oficina@iem.gal A información contida nesta mensaxe e os seus posibles documentos adxuntos é privada e confidencial e está dirixida únicamente ó seu destinatario/a. Se vostede non é o/a destinatario/a orixinal desta mensaxe, por favor elimínea.