Aínda quedan prazas para a XII Xeira Alén Miñor- Compostela 2-3 de decembro 2017

 - - -
-

Aínda quedan prazas para a XII Xeira Alén Miñor-  Compostela    

2-3 de decembro 2017

Prezado/a Visitante,

Xurdida como "Locus Sancti Iacobi", iluminada polo culto ao sepulcro do Apóstolo Santiago, Compostela actuou sempre como punto de atracción, nun primeiro momento para as instancias relixiosas, da man da monarquía astur, e máis tarde para as civís. Lugar de peregrinaxe, lugar de destino, cidade que aglutina en torno á figura do Apóstolo un mundo complexo e rico.
Existen moitas formas de visitar unha cidade como Compostela, unha cidade con séculos de historia que agocha innumerables alternativas arquitectónicas de diferentes períodos e espazos de innegable interese e valor social.

Hai unha Compostela monumental e relixiosa do perímetro murado, unha Compostela monumental civil ou unha Compostela contemporánea. Ademais existen prazas públicas e zonas verdes con moita singularidade e historia.
Deste crisol fixemos, entre outras, a seguinte escolla:

• San Martiño Pinario

Foi o máis influínte e maxestoso mosteiro bieito de Galicia. A destacar o baldaquino da Igrexa e os cadeirados dos coros (a do coro alto, que pertenceu á Catedral, é renacentista do s. XVII). Así como a súa colección de pintura, escultura, ourivaría, restos arqueolóxicos e obxectos que se refiren o cotiá dos monxes que o habitaron: imprenta, botica e gabinete de historia natural do mosteiro, entre outros.
Actualmente ten distintos usos: Seminario Maior Diocesano, escola de Traballo Social (USC), Instituto Teolóxico Compostelán, residencia universitaria, hospedería, arquivo diocesano, dependencias administrativas da dioceses, espazo cultural e igrexa de culto.

• Hospital Real

O actual edificio foi mandado construír en 1501 polos Reis Católicos para atender os doentes e peregrinos "do divino Xacobe", segundo se pode ler na inscrición latina que recorre o friso superior da portada. A súa construción, non obstante, decidiuse no 1492 coincidindo co descubrimento de América.

• San Frutuoso.S. XVIII. Barroco.

Coñecida tamén como igrexa das Angustias de Abaixo. Templo de estilo churrigueresco proxectouse por Lucas Ferro Caaveiro no século XVIII. Na súa construción de planta central sobresae a grandiosa cúpula de media laranxa.
No seu interior destaca a Piedade Neoclásica de Antón Fernández o Vello, que preside o altar maior.


• Igrexa das Animas.S. XVIII. Neoclásico.

De traza moi sinxela, é obra de Miguel Ferro Caaveiro, revisada por Ventura Rodríguez e rematada en 1784. As obras foron custeadas coas esmolas dos devotos das ánimas do purgatorio. Na fachada neoclásica, as columnas xónicas de orde xigante sosteñen un gran frontón. No centro figura un baixo relevo coas ánimas ardendo no lume do purgatorio e na cima dous anxos adorando a cruz. A nave é de planta salón con capelas aos lados. Destacan no interior os retablos de Prado Mariño.


• Praza de Abastos


O Mercado de Abastos de Santiago foi construído no ano 1941, substituíndo o seu predecesor, o Mercado da Cidade. No 1937 sería derrubado para a edificación da actual Praza de Abastos.
Foi rehabilitada recentemente, proxecto do arquitecto Francisco José Vidal Pérez.


• Centro Galego de arte Contemporáneo


Creado en 1993 e con programación estable dende 1995, o Centro Galego de Arte Contemporánea está situado en Santiago de Compostela, no límite da cidade monumental.
Deseñado polo portugués Álvaro Siza,• Museo do Pobo Galego
O antigo convento de Santo Domingo de Bonaval, situado nun outeiro extra muros da cidade histórica, acolle hoxe o Museo do Pobo Galego, que a través dun amplo e variado conxunto de pezas ofrece unha panorámica das manifestacións máis representativas da cultura propia de Galicia. Nas súas salas permanentes móstranse diversos aspectos do mundo do mar, os oficios tradicionais, o campo, a indumentaria e a arquitectura popular. Dispón, ademais, de seccións de arqueoloxía, pintura e escultura galegas.CARACTERÍSTICAS DA VIAXE

DATA: 2-3 de decembro 2017

GUÍAS: Encarna Otero (Historiadora)

Colaboracións: Manuel Vilar (Museo do Pobo Galego), Xosé Ramón Lema (USC)


HORARIO APROXIMADO:

SAÍDA DO AUTOCAR, 2 decembro, sábado: 8:00 de Gondomar, dende a explanada do Pavillón de deportes.

CHEGADA: 3 de decembro, domingo aproximadamente ás 20.00, ó mesmo lugar de partida.

Para anotarse á Xeira haberá que chamar ao IEM ao teléfono 986 360575, de luns a venres de 18.00 a 21.00, ou escribir un correo electrónico aoficina@iem.gal

PREZO SOCIOS/AS: 120 EUROS
PREZO NON SOCIOS/AS: 130 EUROS
HABITACIÓN INDIVIDUAL: PLUS DE 26 EUROS
Nº DE CONTA IEM: ES95 2080 5035 0730 4001 4164

O prezo inclúe a viaxe en autobús de 56 prazas, o seguro, aloxamento, almorzo do domingo, xantar do sábado e do domingo, as visitas ós museos e guías.


 
 - - -


Se non desexa recibir máis información do IEM pode darse de baixa aquí
Se desexa modificar os seus datos de usuario pode facelo aquí

Instituto de Estudos Miñoráns
Avda. da Feira, 10 Baixo 36380 Gondomar
Apdo. Correos Nº 30
Tfno.: 986 360 575
www.iem.gal

CONFIDENCIALIDADE. En cumprimento da Lei Orgánica 15/1999, de Protección de Datos de Carácter Persoal, informámolo de que se o desexa, poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, remitindo un correo electrónico á dirección oficina@iem.gal A información contida nesta mensaxe e os seus posibles documentos adxuntos é privada e confidencial e está dirixida únicamente ó seu destinatario/a. Se vostede non é o/a destinatario/a orixinal desta mensaxe, por favor elimínea.