Xardín Desordenado presenta no Instituto de Estudos Miñoráns o seu último disco: "CASARES". Xoves 21 de decembro, ás 20:00 horas.

 - - -
-

Xardín Desordenado presenta no Instituto de Estudos Miñoráns o seu último disco: "CASARES"

Xoves 21 de decembro, ás 20:00 horas

Prezado/a Visitante,


 
Xardín Desordenado presenta no Instituto de Estudos Miñoráns, o xoves 21 de decembro, ás 20:00 horas o seu último disco: "CASARES"

Con motivo da designación de Carlos Casares como autor do Día das letras Galegas 2017, Xardín Desordenado confeccionou un programa na súa homenaxe, no que se inclúen cancións con diversos  textos do autor, algún deles ben coñecidos coma “A Galiña Azul” ou “Un polbo xigante”, pero outros publicados ata agora só en revistas especializadas.



Xardín Desordenado 

Hai sete anos, un grupo de músicos reuníronse nunha bufarda de Tirán Igrexario (Moaña) para musicar a poetas galeg@s. Aínda que de distintas procedencias musicais e mesmo xeracionais, todos eles tiveran contactos co jazz, que aparece como fondo de moitos dos seus arranxos. As súas composicións van dende o blues e o  swing, ata o bolero e a bossa nova. 

Publicaron dous CD, un dedicado a poetas homes e outro dedicado a poetas mulleres, e presentaron os seus traballos en numerosos auditorios, como a Cidade da Cultura, o museo Verbum de Vigo, o Pazo de Cultura de Pontevedra, o museo Provincial de Lugo, o auditorio Afundación de A Coruña etc. 

En 2014 viaxaron ata Bos Aires onde ofreceron concertos en diversos teatros e auditorios. 

 
 - - -


Se non desexa recibir máis información do IEM pode darse de baixa aquí
Se desexa modificar os seus datos de usuario pode facelo aquí

Instituto de Estudos Miñoráns
Avda. da Feira, 10 Baixo 36380 Gondomar
Apdo. Correos Nº 30
Tfno.: 986 360 575
www.iem.gal

CONFIDENCIALIDADE. En cumprimento da Lei Orgánica 15/1999, de Protección de Datos de Carácter Persoal, informámolo de que se o desexa, poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, remitindo un correo electrónico á dirección oficina@iem.gal A información contida nesta mensaxe e os seus posibles documentos adxuntos é privada e confidencial e está dirixida únicamente ó seu destinatario/a. Se vostede non é o/a destinatario/a orixinal desta mensaxe, por favor elimínea.