Presentación do videoclip "E veu o lume" en Chandebrito, no Colexio Estudio, ás 20:00H

 - - -
-

Presentación do videoclip "E veu o lume" en Chandebrito no Colexio Estudio. 

Venres 15 de decembro ás 20:00H

Prezado/a Visitante,


 
Venres 15 de decembro de 2017, ás 20:00H, presentamos en Chandebrito no Colexio Estudio o videoclip "E veu o lume", gravado polo grupo Cantares do Brueiro e Tino Baz na Madanela das Eiras (O Rosal), na Serra do Galiñeiro (Vincios) e no Castro de Chandebrito (Nigrán).
 
Intervirán Anxo Vaz dos Cantares do Brueiro, Xosé Lois Vilar Pedreira do Instituto de Estudos Miñoráns, proxéctase o videoclip e fala e canta e sinte Tino Baz.
 
No sábado 14 e no domingo 15 de outubro veu o lume, pero non veu de seu. Arderon montes, veigas, casas, coches, morreron persoas; aquí Maximina e Ánxela. Comprobamos así que hai moito no noso país que non funciona ou que funciona mal ou ó gusto duns poucos. Pouquísimos.
 
A intención da música que vén desde o máis fondo do noso país A Guarda, e desde o máis fondo do corazón é transmitir unha mensaxe de desacordo e de esperanza e aproveitar o desastre humano, ecolóxico, político para xurdir das cinzas e erguernos como pobo, rebelarnos de maneira activa e tentar deseñar o noso futuro.
É un grito colectivo musicado que presentamos agora en Chandebrito e no mes de xaneiro nas Neves.
 
 - - -


Se non desexa recibir máis información do IEM pode darse de baixa aquí
Se desexa modificar os seus datos de usuario pode facelo aquí

Instituto de Estudos Miñoráns
Avda. da Feira, 10 Baixo 36380 Gondomar
Apdo. Correos Nº 30
Tfno.: 986 360 575
www.iem.gal

CONFIDENCIALIDADE. En cumprimento da Lei Orgánica 15/1999, de Protección de Datos de Carácter Persoal, informámolo de que se o desexa, poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, remitindo un correo electrónico á dirección oficina@iem.gal A información contida nesta mensaxe e os seus posibles documentos adxuntos é privada e confidencial e está dirixida únicamente ó seu destinatario/a. Se vostede non é o/a destinatario/a orixinal desta mensaxe, por favor elimínea.