O IEM presenta o maior descubrimento de arte rupestre das últimas dúas décadas en Galicia.

 - - -
-

O IEM presenta o maior descubrimento de arte rupestre das últimas dúas décadas en Galicia.

PROXECTO EQUUS
CONFIRMANDO O NOVO PARADIGMA.

A ARTE DESPOIS DOS LUMES.

Prezado/a Visitante,

Este venres, 29 de decembro, presentouse ao público a que sen dúbida é a mellor superficie de arte rupestre descuberta en Galicia nas últimas dúas décadas. Trátase dun conxunto de petróglifos achados en Taboexa, As Neves, tras os lumes do pasado mes de outubro.

Na rolda de prensa, celebrada no salón de actos do Centro de Interpretación do Patrimonio de Taboexa, estiveron presentes Xosé Manuel Rodríguez, alcalde de As Neves, Cándido Verde, Xosé Álvarez “O Buraco” e Xilberte Manso, descubridores do petróglifo, e Xosé Lois Vilar, Eloy Martínez e Manolo Ledo, da sección de arqueoloxía do IEM, acompañados polo presidente da Comunidade de Montes de Taboexa.

Nunha laxe inclinada coviñas ciscadas pola superficie e algunha figura abstracta máis e uns vinte zoomorfos orientados en direccións diverxentes ocupando toda a pedra. Claramente équidos coa cola espesa, as orellas, a ausencia de cornas. Na parte alta presidindo un home ben sexuado, á súa esquerda un cánido e debaixo un équido ferido por arma longa. Animais de boísima factura, boa conservación, grande tamaño e na mesma zona do petróglifo gravados usando tres técnicas distintas. Un esquemático. Unha liña define a liña cérvico-dorsal e dela saen as catro patas. Debaixo un individuo con todo o corpo baleirado e a seguir un exemplar gravado con dobre liña para fociño, pescozo e tronco.

Mediante a proxección de fotografías e renderizados de modelos 3D, resaltáronse as principais características e singularidades do conxunto de petróglifos descuberto, e ao remate da rolda de prensa desprazáronse á zona do descubrimento para completar as súas explicacións.

Desde o Instituto de Estudos Miñoráns continuaremos cos traballos que leven a completar o estudo deste extraordinario conxunto de gravados rupestres considerado xa un dos mellores de Galicia polo seu tamaño, pola súa tipoloxía e pola cantidade e variedade de figuras representadas.[Read More] As sección de arqueoloxía e etnografía do IEM, ao abeiro do Proxecto Equus, combina os estudos zoolóxicos, etnográficos e arqueolóxicos sobre os équidos. Nos labores propios de pescuda, tras o baleirado bibliográfico, visitas ás estacións, consultas a prospectores (Cándido Verde, Pepe “O Buraco”, Manolo Ledo), o resultado parcial é un novo paradigma para a arte rupestre galega e portuguesa: entre o fondo da ría de Vigo e o río Lima (xa cun caso en Felgueiras, máis ao sur) o animal case exclusivo, multi representado non é o cervo, son os équidos.Nesta extensísima área xeográfica só se coñecen dez superficies claras con cérvidos, delas só unha, quizais dúas en Portugal, pegadas ao Miño (Verdoejo) e máis de cen con équidos co mesmo comportamento que os cérvidos. Perseguidos, cazados, simplemente representados na pedra. Os équidos cazados vivos ou matados co home como dominador da natureza, perseguindo a pe ou dacabalo e axudado ou non por cánidos e co équido liado nunha trampa ou ferido por unha arma (lanza, frecha,…). Este postulado comprobado na práctica vén de afianzarse aínda máis coa descuberta en Taboexa, que confirma o novo paradigma.
 - - -


Se non desexa recibir máis información do IEM pode darse de baixa aquí
Se desexa modificar os seus datos de usuario pode facelo aquí

Instituto de Estudos Miñoráns
Avda. da Feira, 10 Baixo 36380 Gondomar
Apdo. Correos Nº 30
Tfno.: 986 360 575
www.iem.gal

CONFIDENCIALIDADE. En cumprimento da Lei Orgánica 15/1999, de Protección de Datos de Carácter Persoal, informámolo de que se o desexa, poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, remitindo un correo electrónico á dirección oficina@iem.gal A información contida nesta mensaxe e os seus posibles documentos adxuntos é privada e confidencial e está dirixida únicamente ó seu destinatario/a. Se vostede non é o/a destinatario/a orixinal desta mensaxe, por favor elimínea.