Recordatorio: III Mostra de teatro afeccionado do Val Miñor e Oia. Do 14 ao 28 de xaneiro de 2018.

 - - -
-

III Mostra de teatro afeccionado do Val Miñor e Oia. 

Do 14 ao 28 de xaneiro de 2018.

Prezado/a Visitante,


 
A partir do vindeiro domingo 14 de xaneiro o Auditorio Municipal Lois Tobío de Gondomar acollerá a III Mostra de teatro afeccionado do Val Miñor e Oia. 

  Organizado polo Instituto de Estudos Miñoráns co apoio do Concello de Gondomar, ten como obxectivo fomentar e coordinar actividades dirixidas a potenciar tanto a creatividade teatral como a representación.

  A programación constará dun total de cinco pezas teatrais interpretadas por Bertorella, A xesta vermella, Pritis- Guomis, A Moura e Os cabalos rosas brincan no patín.
A entrada será gratuíta e para todos os públicos. 
 

Programación

 
Domingo 14 de xaneiro- 18.00h
  • Os pintores clónicos representada por Bertorella de Morgadáns.

Sábado 20 de xaneiro- 20.30h
  • Pola culpa de Gayoso, representada por A xesta vermella de Borreiros.

Domingo 21 de xaneiro- 18.00h
  • Pataclown, representada por Pritis- Guomis de Gondomar.


Sábado 27 de xaneiro- 20.30h
  • Tecendo mentiras, representada por A Moura de Chaín.

Domingo 28 de xaneiro- 18.00h
  • O espantallo, representada por Os cabalos rosas brincan no patín de Viladesuso. 
 

 
 - - -


Se non desexa recibir máis información do IEM pode darse de baixa aquí
Se desexa modificar os seus datos de usuario pode facelo aquí

Instituto de Estudos Miñoráns
Avda. da Feira, 10 Baixo 36380 Gondomar
Apdo. Correos Nº 30
Tfno.: 986 360 575
www.iem.gal

CONFIDENCIALIDADE. En cumprimento da Lei Orgánica 15/1999, de Protección de Datos de Carácter Persoal, informámolo de que se o desexa, poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, remitindo un correo electrónico á dirección oficina@iem.gal A información contida nesta mensaxe e os seus posibles documentos adxuntos é privada e confidencial e está dirixida únicamente ó seu destinatario/a. Se vostede non é o/a destinatario/a orixinal desta mensaxe, por favor elimínea.