XIII XEIRA ALÉN MIÑOR, OURENSE SUEVO E CISTERCIENSE. 24 DE FEBREIRO 2018.

 - - -
-

XIII XEIRA ALÉN MIÑOR, OURENSE SUEVO E CISTERCIENSE.

24 DE FEBREIRO 2018 

Prezado/a Visitante,


 
XIII XEIRA ALÉN MIÑOR, OURENSE SUEVO E CISTERCIENSE. 24 DE FEBREIRO 2018

In tempore sueborum


A pesares de estar pouco máis de un século e medio na Gallaecia, os Suevos deixaron unha pegada cultural e política no territorio. O seu estado foi un dos máis antigos de Europa. O declive e a deriva dun esgotado imperio romano foi propicio para que este e outros grupos étnicos, fortemente influenciados polos latinos, os cales admiraban, colleran o relevo e a supremacía no mapa político de Europa.

Estes pobos bárbaros non eran grupos sociais illados, vivían nun contexto de simbiose e mestura con outros (visigodos, alanos, vándalos e incluso romanos). Co tempo, os visigodos acabaron por absorber os demais, coa forza da súa influenza cultural e comercial, os seus costumes e o desgaste polas loitas de poder dentro dos propios clans e familias suevas.

No seu rexistro e catalogación arqueolóxica en Galicia (sobre todo Ourense e Lugo), e debido a influenza e vínculo co cristianismo e a romanización previa, atopamos elementos culturais e ritos funerarios, enxovais de distintos niveis sociais e sartegos de pedra, algúns deles con retoques sinxelos e modestos. Incluso moedas coa acuñación de diferentes reis suevos.

As estruturas de poboamento e os patróns de asentamento case non mudaron respecto o que xa existía (castros, núcleos urbanos e vilas), en moitos casos debido a que o romanos deixaron unhas infraestruturas moi axeitadas e cun grado alto grado de modernidade e previsión.

Santa María de Xunqueira de Espadañedo.

A súa existencia está demostrada documentalmente desde o ano 1174. O rei Fernando II estableceu definitivamente a área da súa xurisdición, e hoxe en día son eses mesmos límites os que marcan o municipio de Xunqueira.

En canto á distribución de espazos, este monumento divídese en dous partes. En primeiro lugar, a igrexa, levantada durante a Idade Media. En segundo lugar, o mosteiro, o claustro e o mobiliario litúrxico, de épocas máis modernas.

 Hoxe a igrexa funciona como templo parroquial e parte do mosteiro acolle as oficinas do concello. A igrexa, declarada Monumento Nacional en 1980, ten planta basilical e componse de tres naves de 30 m de longo. A súa estética é austera, sinxela, algo característico das construcións do Císter. Aínda así, son dignos de admirar os capiteis historiados ou decorados con motivos vexetais da nave central. O portada norte, románica, tamén está decorada con motivos vexetais. Na porta da sancristía atoparemos volutas jónicas. Conta cun altar románico de pedra. O retablo maior (hai outros nas capelas laterais), foi realizado por Juan de Angés "O Mozo" e mostra as cruces de Calatrava e Alcántara, o escudo da Congregación de Castela, a Ascensión de María e varias escenas da vida de Jesús. A fachada da igrexa é moi posterior, xa que foi terminada en 1801, data presente nunha inscrición. É de estilo neoclásico e alberga unha imaxe de San Bernardo. A torre do campanario divídese en dous niveis, de planta cuadrangular o primeiro e circular o superior. O mosteiro foi románico nas súas orixes, pero a construción actual é posterior e foi levada a cabo entre os séculos XVI e XVII. O claustro é o seu parte máis interesante. A súa disposición e estética son sinxelas, aínda que harmoniosas, o que lle confire un valor artístico innegable. O artesoado do teito da entrada conta cunhas curiosas caricaturas, pintadas directamente sobre a madeira.


San Pedro de Rocas 

No concello de Esgos localizamos este enclave que, segundo varios autores, é un dos mosteiros máis antigos de Europa. Tendo a súa orixe nos séculos V e VI, en tempos dos suevos. Nos seus comezos era sobre todo un centro de unificación para eremitas e anacoretas, polo quesupón un dos primeiros exemplos de vida cenobítica na Península Ibérica.


Pasou a depender de Santo Estevo de Ribas de Sil ou San Salvador de Celanova. Atoparemos unha igrexa do século VI, con 3 naves paralelas escavadas na roca, co altar na nave principal. Tras entrar na edificación, que data do século XVII, atoparemos unha sala anterior á portada principal, onde atoparemos tumbas antropomorfas no chan.

Santa María de Montederramo 

A historia deste mosteiro comeza no ano 1124 cando se construíu un cenobio por orde de Teresa de Portugal. Atópase nas abas da serra de San Mamede, afastado das grandes urbes, como moitos cenobios daquelas épocas.

Pertenceu á Orde do Císter, que como era preceptivo daqueles monxes, permitiu poboar unhas terras ata entón inhóspitas, e difíciles de traballar. A orixinal igrexa tardorrománica do século XII foi completamente substituída por outra en 1598 proxectada por Juan de Tolosa, salvo unha ventá románico aparecido na última restauración no muro sur da Igrexa. O novo templo renacentista do século XVI presenta alicerces estriados rematados con capiteis jónicos e pilastras jónicas e aínda bóvedas de crucería góticas.

CARACTERÍSTICAS DA VIAXE
  • DATA: 24 de febreiro 2018.
  • GUÍADA por Jesús Rodríguez Diéguez (Membro da xunta de goberno do IEM, historiador)

HORARIO APROXIMADO

SAÍDA DO AUTOCAR 

Sábado: 8:30 de Gondomar dende a explanada do Pavillón de deportes. 
10:30 H MOSTEIRO DE SAN PEDRO DE ROCAS, ESGOS.
12:00 H MOSTEIRO DE XUNQUEIRA DE ESPADAÑEDO.
13.15 H MOSTEIRO DE MONTEDERRAMO. 
14.30 H: XANTAR EN MONTEDERRAMO.
17.15 EXPOSICIÓN IN TEMPORE SUEBORUM EN OURENSE:
  • Igrexa de Santa María Nai.
  • Centro Cultural Marcos Valcárcel. 
  • Museo municipal. 

CHEGADA

22:00 H aprox. ao lugar de saída.

Para anotarse á xeira haberá que chamar ao IEM ao teléfono 986 360575, de luns a venres de 18.00 a 21.00, ou escribir un correo electrónico a oficina@iem.gal

· PREZO SOCIOS/AS: 45 euros.

· PREZO NON SOCIOS/AS: 50 euros.

· Nº DE CONTA IEM: ES95 2080 5035 0730 4001 4164 

O prezo inclúe a viaxe en autobús de 56 prazas, o seguro, xantar do sábado, as visitas e o guía.
 - - -


Se non desexa recibir máis información do IEM pode darse de baixa aquí
Se desexa modificar os seus datos de usuario pode facelo aquí

Instituto de Estudos Miñoráns
Avda. da Feira, 10 Baixo 36380 Gondomar
Apdo. Correos Nº 30
Tfno.: 986 360 575
www.iem.gal

CONFIDENCIALIDADE. En cumprimento da Lei Orgánica 15/1999, de Protección de Datos de Carácter Persoal, informámolo de que se o desexa, poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, remitindo un correo electrónico á dirección oficina@iem.gal A información contida nesta mensaxe e os seus posibles documentos adxuntos é privada e confidencial e está dirixida únicamente ó seu destinatario/a. Se vostede non é o/a destinatario/a orixinal desta mensaxe, por favor elimínea.