RECORDATORIO: Alberte Blanco Casal e Alfredo Suárez Canal no faladoiro e presentación do libro " O monte galego" venres 9 de febreiro ás 20:30h.

 - - -
-

Alberte Blanco Casal e Alfredo Suárez Canal no faladoiro e presentación do libro " O monte galego" 

Venres 9 de febreiro ás 20:30h

Prezado/a Visitante,

O MONTE GALEGO

O Instituto de Estudos Miñoráns convídaos a asistir este venres 9 de febreiro ás 20:30h, ao segundo faladoiro de anticipación do ciclo "Galicia 2017-2020: presente e futuros", no que intervirán Alberte Blanco Casal e Alfredo Suárez Canal na presentación do libro:

O MONTE GALEGO. CAOS OU APROVEITAMENTO MULTIFUNCIONAL?

O acto será presentado por Camiño Noia Campos, catedrática de Lingua e Literatura Galega na Universidade de Vigo.

A xornada desenvolverase na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avenida da Feira Nº 10 baixo, Gondomar.


Alberte Blanco Casal



Profesor de Tecnoloxía de Ensinanza Secundaria no instituto de Verín. Foi Director Xeral de Montes da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia (2005-2009). Foi fundador da Asociación Cultural Monterrei, da súa revista A Tempo e do colectivo de animación cultural Foro Monterrei. É colaborador dos diarios dixitais Sermos Galiza, Praza Pública e Terra e Tempo, e da revista do Fórum Galaico Transmontano editada en Chaves.



Alfredo Suárez Canal


Foi concelleiro en Allariz e deputado provincial de Ourense. Deputado no Parlamento de Galicia (1993-2005)
Logo dunha longa carreira política, foi nomeado conselleiro de Medio Rural da Xunta de Galicia, entre 2005 e o 2009.
 - - -


Se non desexa recibir máis información do IEM pode darse de baixa aquí
Se desexa modificar os seus datos de usuario pode facelo aquí

Instituto de Estudos Miñoráns
Avda. da Feira, 10 Baixo 36380 Gondomar
Apdo. Correos Nº 30
Tfno.: 986 360 575
www.iem.gal

CONFIDENCIALIDADE. En cumprimento da Lei Orgánica 15/1999, de Protección de Datos de Carácter Persoal, informámolo de que se o desexa, poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, remitindo un correo electrónico á dirección oficina@iem.gal A información contida nesta mensaxe e os seus posibles documentos adxuntos é privada e confidencial e está dirixida únicamente ó seu destinatario/a. Se vostede non é o/a destinatario/a orixinal desta mensaxe, por favor elimínea.