Presentación do libro Serra da Groba. A formación da paisaxe de Xurxo Pérez Pintos e Xosé María Bouzó Fernández. Venres, 27 de abril ás 20:30h.

 - - -
-

Presentación do libro Serra da Groba. A formación da paisaxe de Xurxo Pérez Pintos e Xosé María Bouzó Fernández.

Venres, 27 de abril ás 20:30h

Prezado/a Visitante,


O Instituto de Estudos Miñoráns convídaos a asistir este venres 27 de abril ás 20:30h, á presentación do libro Serra da Groba. A formación da paisaxe do que son autores Xurxo Pérez Pintos e Xosé María Bouzó Fernández.

Esta edición fíxose grazas ó esforzo persoal dos autores. financiada na súa maior parte por eles. Contou coa axuda de varias comunidades de montes: Santa Mariña do Rosal, de Viladesuso e Oia así como as asociacións de A Jalleira e o IEM.

Este libro é o resultado dun traballo realizado hai 25 anos para un dos Paseos Pedagóxicos que os autores veñen levando a cabo dende aquela ata a actualidade, e no que se reflicte unha visión da actuación do home sobre a paisaxe, neste período de tempo que se deu en chamar antropoceno.

A Serra da Groba é un lugar onde se xuntan xeoloxía, arqueoloxía, botánica, etnografía para ofrecernos un mosaico artellado en capas que os ollos expertos dos autores amósannos dun xeito sinxelo e didáctico, facéndonos máis doada a lectura e interpretación da paisaxe da Serra da Groba.

O acto será presentado por Xilberte Manso, membro da xunta de Goberno do IEM.

A xornada desenvolverase na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avenida da Feira Nº 10 baixo, Gondomar.
 - - -


Se non desexa recibir máis información do IEM pode darse de baixa aquí
Se desexa modificar os seus datos de usuario pode facelo aquí

Instituto de Estudos Miñoráns
Avda. da Feira, 10 Baixo 36380 Gondomar
Apdo. Correos Nº 30
Tfno.: 986 360 575
www.iem.gal

CONFIDENCIALIDADE. En cumprimento da Lei Orgánica 15/1999, de Protección de Datos de Carácter Persoal, informámolo de que se o desexa, poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, remitindo un correo electrónico á dirección oficina@iem.gal A información contida nesta mensaxe e os seus posibles documentos adxuntos é privada e confidencial e está dirixida únicamente ó seu destinatario/a. Se vostede non é o/a destinatario/a orixinal desta mensaxe, por favor elimínea.