O IEM e o Concello de Gondomar celebran as letras galegas o 17 de maio ás 19:30 horas na Praza da Paradela, fronte ao concello de Gondomar.

 - - -
-

O IEM e o Concello de Gondomar celebran as letras galegas.

17 de maio ás 19:30 horas na Praza da Paradela, fronte ao concello de Gondomar.

Prezado/a Visitante,

O vindeiro 17 de maio, Día das Letras Galegas, o Instituto de Estudos Miñoráns e o concello de Gondomar, a través da concellería de Cultura, homenaxearán a María Victoria Moreno.
O acto contará coa presenza da escritora Iria Misa e o escritor Miguel Anxo Mouriño, ambos os dous vinculados a Gondomar, e estará amenizado polo grupo musical Xardín desordenado que interpretará pezas do seu último traballo, "A vitoria da luz", baseado en textos de María Victoria Moreno. No acto leranse poemas de María Victoria Moreno por parte de alumnas e alumnos do CEIP Neira Vilas e o IES Pl. Terra de Turonio, para lembrar a importancia da escrita para os máis novos e novas que foi tarefa central da escritora homenaxeada este ano.
Durante todo o acto a pintora gondomaresa Irene Silva realizará un mural en directo. Deste xeito, palabra, música e pintura uniranse nesta festa da nosa lintua e a nosa literatura.

O acto comezará ás 19:30h na Praza da Paradela, fronte ao concello de Gondomar.
 - - -


Se non desexa recibir máis información do IEM pode darse de baixa aquí
Se desexa modificar os seus datos de usuario pode facelo aquí

Instituto de Estudos Miñoráns
Avda. da Feira, 10 Baixo 36380 Gondomar
Apdo. Correos Nº 30
Tfno.: 986 360 575
www.iem.gal

CONFIDENCIALIDADE. En cumprimento da Lei Orgánica 15/1999, de Protección de Datos de Carácter Persoal, informámolo de que se o desexa, poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, remitindo un correo electrónico á dirección oficina@iem.gal A información contida nesta mensaxe e os seus posibles documentos adxuntos é privada e confidencial e está dirixida únicamente ó seu destinatario/a. Se vostede non é o/a destinatario/a orixinal desta mensaxe, por favor elimínea.