O IEM acolle a presentación de As cinzas de Pasolini de Xosé Manuel Millán Otero. Venres día 15, ás 20:30 horas

 - - -
-

O IEM acolle a presentación de As cinzas de Pasolini de Xosé Manuel Millán Otero.

Venres día 15, ás 20:30 horas

Prezado/a Visitante,

O venres día 15, ás 20:30 horas, na Aula Ponte de Rosas de Gondomar, o Instituto de Estudos Miñoráns, IEM, presenta o libro de poesía As cinzas de Pasolini de Xosé Manuel Millán Otero, publicado pola editorial Toxosoutos.
Na presentación, o autor estará acompañado polo poeta Xosé Daniel Costas Currás e a escritora Marta Dacosta, da Xunta Directiva do IEM.

Xosé Manuel Millán Otero publicou o seu primeiro libro de poesía en 1992, Este é o tempo do sal, recoñecido co accésit do Premio Esquío de poesía. Tres anos antes obtivera o premio de poesía O Facho por Retrato de muller con navios ao fondo. En 1995, gaña o premio Eusebio Lorenzo Baleirón con As palabras no espello. As cinzas de Pasolini é o seu terceiro libro de poesía, un dos títulos finalistas do último premio Victoriano Taibo.
Xosé Manuel Millán Otero destaca tamén como estudoso da nosa literatura, sendo unha das voces máis autorizadas sobre a obra de Bernardino Graña, de quen realizou a edición crítica de Profecía do mar. En homenaxe a Bernardino Graña escribe e publica en 2010 Ode menor ao gran mascato Bernardino Graña cando se eleva sobre as terras do Morrazo.
Entre os anos 2003 e 2011 foi alcalde de Moaña. Durante ese período, como el mesmo di: “desatendín un chisco a Calíope e a punto estivo de abandonarme. Agora intentamos facer as paces.” As cinzas de Pasolini é o resultado deste regreso á poesía, un libro en que a crítica destaca a importancia da cinematografía, até o punto de asimilar os poemas a fotogramas que nos devolven a visión que o autor ten do mundo.
 
 - - -


Se non desexa recibir máis información do IEM pode darse de baixa aquí
Se desexa modificar os seus datos de usuario pode facelo aquí

Instituto de Estudos Miñoráns
Avda. da Feira, 10 Baixo 36380 Gondomar
Apdo. Correos Nº 30
Tfno.: 986 360 575
www.iem.gal

CONFIDENCIALIDADE. En cumprimento da Lei Orgánica 15/1999, de Protección de Datos de Carácter Persoal, informámolo de que se o desexa, poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, remitindo un correo electrónico á dirección oficina@iem.gal A información contida nesta mensaxe e os seus posibles documentos adxuntos é privada e confidencial e está dirixida únicamente ó seu destinatario/a. Se vostede non é o/a destinatario/a orixinal desta mensaxe, por favor elimínea.