Presentación da toponimia de VIlaza. Sábado 16 de xuño ás 18:30 H

 - - -
-

Presentación da toponimia de Vilaza. 

Sábado 16 de xuño ás 18:30

Prezado/a Visitante,

A parroquia de Vilaza súmase a Chaín, Couso, Mañufe, Borreiros e Donas coa recollida da toponimia que se presentará o sábado 16 de xuño no Centro Cultural cun roteiro e unha charla.

O Concello de Gondomar avanza cara o seu obxectivo de recoller a toponimia de todo o municipio cunha nova parroquia completada. O traballo, realizado coa colaboración do Instituto de Estudos Miñoráns rematou coa xeolocalización de 438 topónimos, entre muíños, veigas, vivendas, cotos ou montes. Ademais, esta recollida inclúe tamén tradicións, lendas e historias aportadas polos veciños que forman parte, xunto coa toponimia, do patrimonio cultural inmaterial da parroquia.

A toponimia pode consultarse nas páxinas web do Concello de Gondomar e do Instituto de Estudos Miñoráns, onde o mapa da parroquia mostra os topónimos xeolocalizados no territorio.

A presentación será o sábado 16 de xuño ás 18:30 da tarde. Comezará cun roteiro guiado por Antonio Soliño e Noelia Pérez, con punto de partida no Centro Cultural de Vilaza, durante o cal os veciños poderán coñecer un pouco mellor O Barreiro e o seu pazo, os camiños e as presas da zona. A continuación terá lugar a presentación no Centro Cultural.

A recollida foi realizada por Noelia Pérez Blanco e Rita Fernández Domínguez.
 - - -


Se non desexa recibir máis información do IEM pode darse de baixa aquí
Se desexa modificar os seus datos de usuario pode facelo aquí

Instituto de Estudos Miñoráns
Avda. da Feira, 10 Baixo 36380 Gondomar
Apdo. Correos Nº 30
Tfno.: 986 360 575
www.iem.gal

CONFIDENCIALIDADE. En cumprimento da Lei Orgánica 15/1999, de Protección de Datos de Carácter Persoal, informámolo de que se o desexa, poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, remitindo un correo electrónico á dirección oficina@iem.gal A información contida nesta mensaxe e os seus posibles documentos adxuntos é privada e confidencial e está dirixida únicamente ó seu destinatario/a. Se vostede non é o/a destinatario/a orixinal desta mensaxe, por favor elimínea.