XEIRAS IEM 2018- NIGRÁN- Río de Táboas. O novo parque forestal de Nigrán. Martes 7 de agosto ás 18:30h.

 - - -
-

XEIRAS IEM 2018- NIGRÁN- Río de Táboas. O novo parque forestal de Nigrán. 

Martes 7 de agosto ás 18:30h.

Prezado/a Visitante,

O vindeiro martes 7 de agosto ás 18:30 h terá lugar a sétima xeira de verán polo concello de Nigrán, Río de Táboas. O novo parque forestal de Nigrán,dentro do programa das xeiras de verán 2018 do IEM, e coa colaboración deste concello, que será guiada por Xosé Ramón García.
 
O punto de encontro será na Igrexa de Camos:
 
https://www.google.com/maps/d/u/0/viewer?mid=1_vcCQXm0vjB7xHGBpfjjAlViEHhanZE7&ll=42.146887799999966%2C-8.765104999999949&z=17
 
HABERÁ DOUS INTÉRPRETES EN LINGUA DE SIGNOS PARA XORDOS.

 
Río Táboas: o novo parque forestal de Nigrán.

Para os que nos acompañaron na xeira de 2007 por este mesmo río temos unha mala noticia. A vaga de lumes do 15 de outubro de 2017 cebouse tamén nesta contorna (lembremos as dúas mortes en Chandebrito) , e hoxe podemos ver o resultado a curto prazo. O que naquel 2007 era unha fraga rica en biodiversidade, inzada de fentos e vexetación autóctona, é hoxe un modelo de colonización por plantas oportunistas. O dosel arbóreo de amieiros (Alnus glutinosa) e salgueiros (Salix atrocinerea) foi substituído por unha cobertura monoespecífica a base de Eucaliptus globulus, que deixan ver ao seu pe unha alfombra verde azulada de plantóns de 1 ano de idade desta espécie. Nas zonas máis asolladas vemos un auténtico galimatías de especies xenófitas de toda caste. Vemos plantas de procedencia sudamericana (Helichrysum foetidum), norteamericana (Conyza canadensis, Phytolacca americana), asiática (Polygonum capitatum), de ou sudafricanas () que Tritonia crocosmiflorachegaron aquí a partir de xardíns ou como compañeiras indesexadas de cultivos.  
 
 - - -


Se non desexa recibir máis información do IEM pode darse de baixa aquí
Se desexa modificar os seus datos de usuario pode facelo aquí

Instituto de Estudos Miñoráns
Avda. da Feira, 10 Baixo 36380 Gondomar
Apdo. Correos Nº 30
Tfno.: 986 360 575
www.iem.gal

CONFIDENCIALIDADE. En cumprimento do Regulamento Xeral de Protección de Datos, informámolo de que se o desexa, poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, remitindo un correo electrónico á dirección oficina@iem.gal A información contida nesta mensaxe e os seus posibles documentos adxuntos é privada e confidencial e está dirixida únicamente ó seu destinatario/a. Se vostede non é o/a destinatario/a orixinal desta mensaxe, por favor elimínea.