PASEO LITERARIO E TOPONÍMICO POLA RÍA DE VIGO E A ILLAS CÍES

 - - -
-

PASEO LITERARIO E TOPONÍMICO POLA RÍA DE VIGO E A ILLAS CÍES

Sábado, 29 de setembro de 2018

 

Prezado/a Visitante,


A Concellaría de Normalización Lingüística organiza o paseo literario "Fantasía e realidade de Verne en Vigo, II:"A ría de Vigo e illas Cíes", guiado por Eduardo Rolland (experto no autor Jules Verne e Ledicia Costas (autora da novela "Jules Verne e a vida secreta das mulleres plantas").Durante a travesía leranse pasaxes do capítulo 'A badía de Vigo' de '20.000 leguas baixo dos mares', xunto á narración da batalla de Rande seguindo o guión do propio capitán Nemo a bordo do Nautilius e da vida secreta das mulleres planta".

-Visita ao miradoiro, na ruta do Alto do Príncipe. Conversa arredor de Jules Verne e o empresario vigués Antonio Sanjurjo Badía. Narración da fantasía desta relación e da realidade dos feitos históricos.

-Visita ao faro. Narración da entrada do Nautilus na ría de Vigo o 18 de febreiro de 1868 así como das dúas visitas a Vigo de Jules Verne a bordo do 'Saint Michel III . Explicación de curiosidades da Illa Sur na ficción literaria das mulleres planta.

Data: sábado, 29 de setembro de 2018

9.00h: reunímonos no embarcadoiro

9:30h: saída do barco cara ás Cíes

11.00 a 14.00h percorrido polas illas de Monteagudo e do Faro guiado.

Tempo libre a seguir ate as

17.00h:.reunímonos no embarcadoiro.

17:30h: saída rumbo a Vigo.

Prezo: 10 euros (travesía e paseo. Non inclúe a comida. Pódese xantar nos restaurantes das illas).

Reservas de praza:

a) Dende o 17 de setembro, de luns a venres, de 10:00 a 13:00 no teléfono 986 36 05 75 (Instituto de Estudos Miñoráns).

b) Teñen que indicar o nome e apelidos, o documento de identidade e a idade e máis un teléfono de contacto.

c) De lle confirmar a praza, deberán facer o aboamento na conta corrente:

2080.5035.07.3040014164 de ABANCA

d) No "concepto" do depósito debe constar a indicación "Cíes" acompañada dos números de viaxeiros que se lle outorgasen na reserva telefónica. Logo hai que enviar o comprobante do ingreso ao correo electrónico oficina@iem.gal

e) IMPORTANTE: de non enviar o comprobante antes do día 24 de setembro, será eliminada esa reserva.
 - - -


Se non desexa recibir máis información do IEM pode darse de baixa aquí
Se desexa modificar os seus datos de usuario pode facelo aquí

Instituto de Estudos Miñoráns
Avda. da Feira, 10 Baixo 36380 Gondomar
Apdo. Correos Nº 30
Tfno.: 986 360 575
www.iem.gal

CONFIDENCIALIDADE. En cumprimento do Regulamento Xeral de Protección de Datos, informámolo de que se o desexa, poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, remitindo un correo electrónico á dirección oficina@iem.gal A información contida nesta mensaxe e os seus posibles documentos adxuntos é privada e confidencial e está dirixida únicamente ó seu destinatario/a. Se vostede non é o/a destinatario/a orixinal desta mensaxe, por favor elimínea.