Conferencia de Miguel Álvarez Soaje: Antonio e Anselmo Arias Teixeiro: Dous lulistas galegos no Século da Ilustración. Mércores 7 de novembro ás 20:30H.

 - - -
-

Conferencia de Miguel Álvarez Soaje: Antonio e Anselmo Arias Teixeiro: Dous lulistas galegos no Século da Ilustración. 

Mércores 7 de novembro ás 20:30H

 

Prezado/a Visitante,

O Pazo de Pías da Ramallosa gardou durante centos de anos unha documentación importante para a historia do Val de Miñor. Grazas ás investigacións do polifacético doutor en Historia da Ciencia Miguel Álvarez Soaje, podemos hoxe coñecer mellor a dous ilustrados galegos do século XVIII: Antonio e Anselmo Arias Teixeiro. Un bisneto deste último foi o famoso José Arias Teixeiro e Correa, nacido en Pontevedra, onde seu pai foi alcalde, e finado no seu  pazo da Ramallosa en 1869.

A conferencia de Miguel Álvarez Soaje, coñecedor da historia da ciencia e das boticas monacais, descubriranos a influencia que tivo en Galicia a figura singular do pensamento medieval Ramón Llull. A Galicia do século XVIII estará luminosa na presentación dos ilustrados irmáns Arias Teixeiro.
Mércores, 7 de novembro ás 20:30H na Aula de Cultura Ponte de Rosas (local do IEM), Gondomar.
 - - -


Se non desexa recibir máis información do IEM pode darse de baixa aquí
Se desexa modificar os seus datos de usuario pode facelo aquí

Instituto de Estudos Miñoráns
Avda. da Feira, 10 Baixo 36380 Gondomar
Apdo. Correos Nº 30
Tfno.: 986 360 575
www.iem.gal

CONFIDENCIALIDADE. En cumprimento do Regulamento Xeral de Protección de Datos, informámolo de que se o desexa, poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, remitindo un correo electrónico á dirección oficina@iem.gal A información contida nesta mensaxe e os seus posibles documentos adxuntos é privada e confidencial e está dirixida únicamente ó seu destinatario/a. Se vostede non é o/a destinatario/a orixinal desta mensaxe, por favor elimínea.