XIX XEIRA ALÉN MIÑOR O RIBEIRO, 1º PARTE, Ribadavia e bisbarra (2 marzo)

 - - -
-

XIX XEIRA ALÉN MIÑOR 

O RIBEIRO, 1º PARTE

Ribadavia e bisbarra (2 marzo)

 

Prezado/a Visitante,

Ribadavia é un claro de exemplo de urbe medieval baseada, case en exclusiva, da produción vitícula nos derradeiros 1000 anos. Foi declarada monumento nacional no 1947, grazas, principalmente, ao conxunto de rúas e prazas con pórticos de fermosa fisionomía.

Tamén destacan os seus templos e pazos de diferentes estilos dende o sc. IX ao XX. A importancia da pegada dos xudeus na vila é moi notoria, principalmente na arquitectura, nos costumes e na toponimia. O Museo Sefardí é unha mostra clara da importancia da cultura, das circunstancias e a historia da poboación que viviu neste lugar durante séculos.

Moitos persoeiros falaron e escribiron prosa e poesía motivados polo encanto desta terra e os seus viños. Castelao, Otero Pedrayo, Álvaro Cunqueiro, Celso Emilio Ferreiro, Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Alexandre Bóveda, Lope de Vega, Cervantes, Cosme de Médici e moitos outros.

Cunqueiro referíase O Ribeiro como “More philosophico, axeitado para unha filosofía humana, peripatética e sentimental. Apropiado para a nosa forma de ser, para a nosa lentitude dialogante, porque nos aviva e nos estimula”.

Aínda se conservan viñas tradicionais que parten desde case o río e chegan a coroar moitos outeiros. A partires do sc. VIII modificaron a paisaxe enchendo de miradoires-socalcos as parroquias que miran O Avia, O Varón, O Viñao e O Arnoia. Nalgunhas delas, desleixadas co tempo, o carballo e a vexetación asociada forman unha simbiose naturalizada cos muros senlleiros. Esas castes de uva foron catadas no resto da península, illas británicas, Francia e Países Baixos, e posteriormente levadas a América (Arxentina, Uruguai e Cuba).

A importancia e dependencia do viño do Ribeiro foi tal que nos séculos X-XII as rendas do viño axudaron a financiar obras de tanta magnitude como as catedrais de Ourense ou Santiago. Xa no sc XII-XV os cobros dos foros do viño subvencionan en gran medida a reconquista e a construción das cidades de Pontevedra, A Coruña, Santiago e Ourense.

O viño segue sendo un dos motores económicos da bisbarra, aínda que decrecese en extensión cultivada: no ano 1917 no Ribeiro había 10.000 hectáreas cultivadas e na actualidade, coa denominación de Orixe Ribeiro hai 2.800 hectáreas cultivadas.

Lugares (destino) da nosa visita

Conxunto histórico da Vila de Ribadavia

Museo Etnolóxico

Convento de Santo Domingo (Construído entre os séculos XIII e XIV. Posúe unha colección de capiteis historiados, ademais de diferentes expresións de arte sepulcral, retablos e imaxes relixiosas. A súa igrexa é considerada unha valiosa mostra da arquitectura gótica dos mendicantes)

Museo Sefardí de Galicia

Museo do viño de Galicia

Mosteiro de San Clodio do Ribeiro de Avia (De orixe altomedieval, os monxes Bieitos estiveron moi vencellados a produción vitivinícola dende séculos )

Igrexa de San Xes de Francelos (Unha das referencias prerrománicas máis importantes de Galicia. Sc IX)

Conxunto histórico artístico de Pazos de Arenteiro (Un dos pobos máis fermosos de Galicia pola súa arquitectura e a súa paisaxe)

CARACTERÍSTICAS DA XEIRA 

DATA: 2 de Marzo de 2019.

GUÍAS: Antonio Míguez (Técnico da oficina de turismo de Ribadavia, vicepresidente da Asociación de Amigos do Museo Etnolóxico e do Conxunto Histórico de Ribadavia) e Noemí Álvarez (Licenciada en Historia da Arte y Técnica de Turismo)

HORARIO APROXIMADO

SAÍDA DO AUTOCAR Sábado: 8:00 de Gondomar, dende a explanada do Pavillón de deportes.

CHEGADA: Aproximadamente ás 21.00, ó mesmo lugar de partida.

Para anotarse á Xeira haberá que chamar ao IEM ao teléfono 986 360575/627 276816, de luns a venres de 18.00 a 21.00, ou escribir un correo electrónico a oficina@iem.gal.

Prazas mínimas: 35

Data límite para inscribirse: 22 de Febreiro

As baixas que se realicen con menos de 48 horas antes do comezo da xeira non se aboará o importe da mesma.

PREZO SOCIOS/AS:45 EUROS
PREZO NON SOCIOS/AS:50 EUROS
Nº DE CONTA IEM: ES95 2080 5035 0730 4001 4164

O prezo inclúe a viaxe en autobús de 56 prazas, o seguro, xantar, as visitas e o guías.
 - - -


Se non desexa recibir máis información do IEM pode darse de baixa aquí
Se desexa modificar os seus datos de usuario pode facelo aquí

Instituto de Estudos Miñoráns
Avda. da Feira, 10 Baixo 36380 Gondomar
Apdo. Correos Nº 30
Tfno.: 986 360 575
www.iem.gal

CONFIDENCIALIDADE. En cumprimento do Regulamento Xeral de Protección de Datos, informámolo de que se o desexa, poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, remitindo un correo electrónico á dirección oficina@iem.gal A información contida nesta mensaxe e os seus posibles documentos adxuntos é privada e confidencial e está dirixida únicamente ó seu destinatario/a. Se vostede non é o/a destinatario/a orixinal desta mensaxe, por favor elimínea.