Recordatorio: Proxección do documental "A luz do negro" de Encarna Otero sobre o traballo na mina de Fontao. Venres 29 de marzo ás 20:30H.

 - - -
-

Proxección do documental A luz do negro de Encarna Otero sobre o traballo na mina das mulleres de Fontao

Venres 29 de marzo ás 20:30H

  

Prezado/a Visitante,

O venres 29 de marzo ás 20:30H o IEM proxectará A luz do negro,un documental  de Encarna Otero sobre o traballo na mina das mulleres de Fontao. 
Será presentado por Diego Casal Ramos, enxeñeiro de minas e membro do Comité de Patrimonio da Cámara Oficial Mineira de Galicia. Ao finalizar a proxección haberá un coloquio con Encarna Otero.
 
O acto terá lugar na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Gondomar.
 

 
A luz do negro. O wolframio da Brea e o poboado de Fontao
 
A LUZ DO NEGRO

(España, 2014)

Dirección e guión: Encarna Otero. 
Realización: Beatriz Pérez e Manuel Gago.
Produción: Consello da Cultura Galega. 
Fotografía: Teresa Navarro. 
Duración: 33 minutos.
 
No ano 1939, a Brea era unha das grandes minas de volframio activas a nivel mundial. Axentes aliados e alemáns releaban pola compra do "ouro negro", do mineral estratéxico para o armamento da II Guerra Mundial. Isto xera unha febre mineira que ocupou miles de homes e mulleres na súa procura. A construción do poboado mineiro do Fontao na década dos cincuenta do século XX e o feito de que a actividade mineira da Brea, aínda que se vai reducindo paulatinamente, se prolongue ata a década dos sesenta fan deste territorio da Brea unha fonte rica de testemuñas, de mulleres que coa súa memoria nos achegan a realidade da vida na mina, a amosaren particularidades concretas e ben diferentes do que vivían moitas outras na Galiza dos escuros anos corenta, anos de represión, fame, miseria, anos de tanta dor. Con A luz do negro, perséguese que as testemuñas alumeen un mundo, o da minaría, onde as mulleres sempre fican agochadas.
 
 
 - - -


Se non desexa recibir máis información do IEM pode darse de baixa aquí
Se desexa modificar os seus datos de usuario pode facelo aquí

Instituto de Estudos Miñoráns
Avda. da Feira, 10 Baixo 36380 Gondomar
Apdo. Correos Nº 30
Tfno.: 986 360 575
www.iem.gal

CONFIDENCIALIDADE. En cumprimento do Regulamento Xeral de Protección de Datos, informámolo de que se o desexa, poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, remitindo un correo electrónico á dirección oficina@iem.gal A información contida nesta mensaxe e os seus posibles documentos adxuntos é privada e confidencial e está dirixida únicamente ó seu destinatario/a. Se vostede non é o/a destinatario/a orixinal desta mensaxe, por favor elimínea.