XXI XEIRA ALÉN MIÑOR ALLARIZ (11 MAIO 2019)

 - - -
-

XXI XEIRA ALÉN MIÑOR 
ALLARIZ 

(11 MAIO 2019)

 
puente_romano_de_allariz_sobre_el_r__o_arnoia_visita_al_pueblo_de_allariz_ourense_galicia_espa__a.jpg 800x533

Prezado/a Visitante,

Na próxima xeira faremos un percorrido pola  Vila de Allariz e bisbarra, onde coñeceremos a súa historia, que é parte da nosa;algún gobernante, no pasado, dixo que era a “chave do Reino de Galicia”.Lugares, persoeiros e símbolos tan significativos como o “Castelo invisible” (cos seus treitosamurallados), o Convento das Clarisas, ou a estatua do Boi con todas as súas circunstancias pasadas e presentes que vinculan os seus moradores con este animal. O lobishome, preso e xulgado nesta vila,aínda que as súas malfeitorías e falcatruadas sucedesen tamén noutros lugares, etc. 
Na contorna de Santa Mariña de Augas Santas atopamos varios monumentos de grande interese relacionados coa lenda da santa: un castro prerromano e un carreiro cunha paisaxe e natureza espectaculares, unha calzada romana moi transitada na Idade Media, unha importante cidade romana (S. I e II despois de Cristo) onde viviu Mariña, unha sauna prerromana e o forno, cuberto posteriormente por unha basílica templaria, no que segundo esa lenda sobreviviu a todas as torturas sen ceder aos desexos de Olibrio, alto cargo romano, ata que foi decapitada, converténdose nunha fonte santa en cada punto no que  botou a cabeza.
                                                                                  
A primeira construción data da época Constantiniana. Posteriormente, nos albores da Reconquista, levantouse unha igrexa de maiores dimensións que a anterior. Finalmente, foron os Cóengos de San Agustín quen comezaron a construción do actual Santuario, aínda que non remataron a súa obra. Considérase que a igrexa foi construída entre finais do S. XII e comezos do S. XIII, con arranxo ao estilo cisterciense, e moi influenciada pola próxima Igrexa de Xunqueira de Ambía. 
O rematar a visita pasearemos por unha carballeira senlleira ata as escavacións arqueolóxicas da “Cibdá de Armea” e o conxunto rupestre do Monte Señoriño, castro prerromano.
 
 
San Salvador de Penedos  (aldea e xacemento arqueolóxico)
 
 
San Salvador é un núcleo moi singular situado no corazón da Reserva da Biosfera ourensá, que conta cun gran valor paisaxístico e tamén patrimonial xa que, na súa ermida, se atopa a talla dun Cristo románico crucificado de extraordinario valor. 
 
É, tamén,un elemento arqueolóxico de grande interese.Consérvanse os restos dun castelo medieval practicamente descoñecido. Froito do traballo realizado na contorna, pódense ver dúas zonas diferenciadas: unha plataforma inferior, con dúas tumbas escavadas na roca e unha serie de rebaixes na mesma; e unha plataforma superior onde se localizan os restos do castelo propiamente dito.
 
En documentos do 1247 aparece referenciado SactiSalvatoris de Todea nos límites da parroquia de Santiago de Allariz. Este documento non nos fala do castelo pero apúntanos directamente ao nome desa zona como “San Salvador de Tudea”. O Castelo de San Salvador de Todea sería un castelo pequeno, duns 700 ou 800 metros cadradose cunha estrutura amurallada, nun promontorio bastante abrupto entre dous ríos e  de difícil acceso.
 
Visita ó centro da asociación para a defensa, recuperación e estudo terapéutico da especie asnal. Este centro está situado en pleno cerne da Reserva da Biosfera Alaricana. 
 
É un espazo multidisciplinar, que promove o desenvolvemento de actividades económicas como o pastoreo e a gandería ecolóxica, a produción artesanal, así como a posibilidade de crear un espazo de visita con diferentes servizos para colectivos. Este centro está situado no Pobo de San Salvador, cunha arquitectura rural de gran beleza e unha restauración respectuosa co medio e o seu pasado.
 
 
CARACTERÍSTICAS DA XEIRA
 
DATA: 11 de Maio do 2019
 
GUÍA PRINCIPAL: Manuel GallegoAlves(Licenciado en Historia daArte y Técnico de Turismo/Xeitura)
 
HORARIO APROXIMADO
 
SAÍDA DO AUTOCAR Sábado: 8:00 de Gondomar, dende a explanada do Pavillón de deportes.
 
CHEGADA: Aproximadamente ás 21.00, ó mesmo lugar de partida.
 
Para anotarse á Xeira haberá que chamar ao IEM ao teléfono 986 360575/627 276816, de luns a venres de 18.00 a 21.00, ou escribir un correo electrónico a oficina@iem.gal.

Prazas mínimas :35

Data límite para inscribirse: 26 de Abril

As baixas que se realicen con menos de 48 horas antes do comezo da xeira non se aboará o importe da mesma.


·      PREZO SOCIOS/AS: 45 EUROS
·      PREZO NON SOCIOS/AS: 50 EUROS
·      Nº DE CONTA IEM: ES95 2080 5035 0730 4001 4164


O prezo inclúe a viaxe en autobús de 56 prazas, o seguro, xantar, as visitas e o guías.
 - - -


Se non desexa recibir máis información do IEM pode darse de baixa aquí
Se desexa modificar os seus datos de usuario pode facelo aquí

Instituto de Estudos Miñoráns
Avda. da Feira, 10 Baixo 36380 Gondomar
Apdo. Correos Nº 30
Tfno.: 986 360 575
www.iem.gal

CONFIDENCIALIDADE. En cumprimento do Regulamento Xeral de Protección de Datos, informámolo de que se o desexa, poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, remitindo un correo electrónico á dirección oficina@iem.gal A información contida nesta mensaxe e os seus posibles documentos adxuntos é privada e confidencial e está dirixida únicamente ó seu destinatario/a. Se vostede non é o/a destinatario/a orixinal desta mensaxe, por favor elimínea.