Convocatoria do XII Premio de poesía Victoriano Taibo.

 - - -
 
-

Convocatoria do XII Premio de poesía Victoriano Taibo
 

Prezado/a Visitante,

O Instituto de Estudos Miñoráns (IEM), en colaboración co Concello de Gondomar, convoca o XII Premio de poesía Victoriano Taibo, dotado con 3000 € e unha escultura conmemorativa de Fino Lorenzo. Rexerase polas seguintes

BASES:
 
  1. Os traballos presentados deberán ser orixinais e inéditos, de temática libre, non poderán ser adaptacións nin ter sido premiados noutro certame no momento da decisión do xurado. Estarán escritos en lingua galega, de acordo coas Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galegoda Real Academia Galega e do Instituto da Lingua Galega (NOMIG, 2003).
  2. Cada traballo consistirá nun ou varios textos poéticos, cunha extensión non inferior a 300 versos con unidade temática.
  3. Os traballos presentaranse por quintuplicado, mecanografados a dobre espazo, con letra Times New Roman e corpo 12 nun sobre pechado identificado co lema, alcume, pseudónimo ou o título elixido polo autor/a.Así mesmo, dentro deste sobre, xunto cos traballos incluirase outro sobre pechado identificado co devandito lema, título..., que conterá os datos persoais (nome, apelidos, copia de DNI, teléfono de contacto e enderezo electrónico. O xurado só o abrirá no caso de ser premiado
    Os traballos enviaranse por correo ao seguinte enderezo:
               Apartado 30 
    36380 Gondomar (Pontevedra)
  4. O prazo de admisión de orixinais comezará cando se faga pública esta convocatoria e rematará o día 31 de xullo de 2019.
  5. Os traballos presentados conservaranse durante un mes a partir da data de publicación da resolución do xurado, período durante o cal poderán recollerse no local do IEM en Gondomar. Transcorrido ese prazo destruiranse os que non fosen solicitados polos seus autores ou autoras.
  6. O xurado estará constituído por persoas de recoñecido prestixio no ámbito literario.
  7. A obra premiada publicarase polo IEM na Colección Victoriano Taibo e non xerará dereitos de autor durante os primeiros 1500 exemplares editados. A publicación non pode superar o máximo de 250 páxinas.
  8. O premio outorgado será único e indivisible. O xurado poderá declaralo deserto se estima que a calidade das obras presentadas así o aconsella.
  9. Calquera incidencia non prevista nesta convocatoria será resolta polo xurado.
  10. O feito de participar supón a aceptación destas bases.
     
O Premio de poesía Victoriano Taibo recoñeceu até o de agora a obras das seguintes
escritoras e escritores:
 
•      2008: Carlos Negro con Cultivos Transxénicos, 
•      2009: Mª Carmen Caramés con Cuarto Minguante eElvira Riveiro e Silvia Penas con Biografía da Multitude
•      2010: Mª Goretti Fariña con Devastacións dispoñibles
•      2011: Calros Solla con Holocausto Zacoe
•      2012: Conchita Álvarez Lebredo con Distancias e Simetrías
•      2013: Ramón Sandoval con Territorios Estraños
•      2014: Lara Rozados con O caderno amarelo
•      2015: Iñaki Varela con Do outro lado das portas
•      2016: Xosé Iglesias con A relixión do mar
•      2017: Rafa Vilar con Erosións
•      2018: Laura R. Cuba conA situación actual.
 
O IEM e o Concello de Gondomar queren, a través deste premio, enxalzar a figura de Victoriano Taibo, escritor e mestre na parroquia de Morgadáns, e contribuír ao crecemento da literatura na nosa lingua, convertendo Gondomar e este premio nunha cita imprescindíbel para as Letras galegas.
 

 - - -


Se non desexa recibir máis información do IEM pode darse de baixa aquí
Se desexa modificar os seus datos de usuario pode facelo aquí

Instituto de Estudos Miñoráns
Avda. da Feira, 10 Baixo 36380 Gondomar
Apdo. Correos Nº 30
Tfno.: 986 360 575
www.iem.gal

CONFIDENCIALIDADE. En cumprimento do Regulamento Xeral de Protección de Datos, informámolo de que se o desexa, poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, remitindo un correo electrónico á dirección oficina@iem.gal A información contida nesta mensaxe e os seus posibles documentos adxuntos é privada e confidencial e está dirixida únicamente ó seu destinatario/a. Se vostede non é o/a destinatario/a orixinal desta mensaxe, por favor elimínea.