Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Presentación do libro " Ser modou modou" de Cheikh Fayé. Mércores 20 de setembro ás 20:00h. Presenta Marta Dacosta.
O vindeiro mércores 20 de setembro ás 20:00h o IEM acollerá a presentación do libro " Ser modou modou" do senegalés Cheikh Fayé. Será na Aula de Cultura Ponte de Rosas , Avenida da Feira, 10 baixo en Gondomar.
Cheikh Fayé emigrou á Coruña desde o seu Senegal natal buscando un futuro mellor, mais a crise tamén derrubou as súas arelas e hoxe vai tirando coa venda ambulante, como a maioría dos seu compatriotas.
O seu esforzo por integrarse e comprender Galiza, fai que hoxe non só se denomine a si mesmo senegalego, senón que mesmo comparta a nosa lingua, sendo este Ser modou modou o primeiro libro escrito en galego por un senegalés de nacemento.
Da súa odisea, metáfora da odisea doutro pobo obrigado a buscar o futuro na emigración, fala este libro.
María Xosé Bravo escribe no prólogo: "Estes textos que se presentan aquí ...son, nestes tempos de valados e fronteiras, un espazo libre, un xeito de diálogo con espírito aberto de reflexión crítica; unha visión sobre Galiza dunha persoa nacida a miles de quilómetros na África atlántica. Haberá outras moitas visións sobre Galiza, sen dúbida, mais esta ten mirada limpa, inocente, amable (demasiado amable?) mais tamén crítica, cando cómpre, sobre o noso país e as súas xentes."
O autor estará acompañado pola escritora e coordinadora da sección de Filoloxía e Literatura do IEM, Marta Dacosta.
Está en:  Inicio Acceso
Skip to content
Esqueceu o seu contrasinal?

Introduza o seu nome de usuario ou enderezo de correo-e para a súa conta. Enviaráselle unha cadea de verificación. Unha vez reciba a cadea de verificación, poderá elixir un novo contrasinal para a súa conta.