Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

O IEM e o Concello de Gondomar homenaxean a María Victoria Moreno.

O acto terá lugar na Paradela, na praza Latino Salgueiro de Gondomar, e comezará ás 19:30 horas

Este 17 de maio, Día das Letras Galegas, o Instituto de Estudos Miñoráns, IEM, e o concello de Gondomar, a través da concellaría de Cultura, celebrarán as Letras galegas cunha homenaxe á escritora María Victoria Moreno, a quen se lle dedica a data este ano.

Os escritores Iria Misa e Miguel Anxo Mouriño lerán fragmentos da obra desta profesora estremeña que namorou da lingua galega e dedicou a súa vida a escribir en galego, especialmente para os máis novos e novas. Ese lectorado tan presente para María Victoria Moreno estará representado neste acto por alumnado do CEIP Neira Vilas e IES plurilingüe Terra de Turonio, que lerán fragmentos de Eu conto, ti cantas.

Acompañando á palabra recitada estará o grupo musical Xardín desordenado que interpretará pezas do seu último traballo, "A vitoria da luz", baseado en textos de María Victoria Moreno e pechará o acto. Tamén, durante todo o acto a pintora Irene Silva realizará un mural en directo.

Palabra, música, pintura únense así para festexar a nosa lingua, esta que tanto amou María Victoria Moreno, quen non dubidou en utilizala no ensino ou en dar aulas de lingua alí onde for requirida en tempos da ditadura franquista. Os seus versos, os seus relatos en que os animais teñen un papel principal, o seu amor pola lingua son o legado que nos deixa unha estremeña que un día namorou deste noso país.

Está en:  Inicio Arqueoloxia
Skip to content
O IEM no XXIV CONGRESO INTERNACIONAL DE ICOS SOBRE CIENCIAS ONOMÁSTICAS PDF Imprimir Correo-e

Toponimia - Artigos
Escrito por IEM   
Luns, 05 Setembro 2011 23:23
xose-lois-e-os-nomes-do-mar

O Instituto de Estudos Miñoranos participa no XXIV CONGRESO INTERNACIONAL DE ICOS SOBRE CIENCIAS ONOMÁSTICAS que se celebrará en Barcelona entre o 5 e o 9 de setembro de 2011. O tema deste congreso é : OS NOMES NA VIDA COTIÁ. Hai máis de 400 comunicacións divididas en doce seccións:
1. Terminoloxía
2. Teoría onomástica
3. Onomástica e lingüística
4. Os nomes na sociedade
5. Antroponomástica
6. Toponomástica
7. Onomástica e historia
8. Onomástica e xeografía
9. Onomástica e cultura
10. Cartografía e nomes de lugar: novas plataformas de xestión da información
11. Onomástica e proceso de estandarización
12. Onomástica catalana
Na sección 6 de toponomástica Xosé Lois Vilar Pedreira (IEM) presentará o venres día 9 ás 9h da mañá, unha comunicación sobre A talasonimia galega na que explicará o que abrangue a talasonimia, a súa transmisión polas fontes documentais e sobre todo a transmisión oral e a necesidade da recollida de boca de argaceiras, percebeiros/as, mariscadores/as e mariñeiros, traballo no que é pioneiro o Instituto de Estudos Miñoranos ó redor do que realizou publicacións, exposicións, traballos didácticos, visitas guiadas e colaboracións en xuntanzas, congresos, ...