Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.
Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio Arqueoloxia Actividades
Skip to content
Actividades
NOTA INFORMATIVA: Hoxe venres 24 de agosto charla no local do IEM sobre "Petróglifos e as novas ferramentas de análise" por Xosé Lois Vilar, e proxección con tecnoloxía 3D PDF Imprimir Correo-e
Arqueoloxía - Actividades
Escrito por IEM -Sec   
Venres, 24 Agosto 2018 10:51
Hoxe venres 24 de agosto, ás 20:00 H no local do IEM (Avda, da Feira, 10 Baixo- Gondomar) terá lugar unha charla sobre "Petróglifos e as novas ferramentas de análise" por Xosé Lois Vilar, seguida dunha proxección de gravados rupestres con modelos en tecnoloxía 3D.

Esta actividade complementa á xeira de onte O Monte Tetón. A paisaxe tatuada polo concello de Tomiño.

 

 
Eduardo Méndez Quintas, arqueólogo e doutor en Evolución Humana no faladoiro " Pasado e presente no coñecemento das primeiras ocupacións humanas de Galicia", o venres 30 de xuño ás 20:30H. PDF Imprimir Correo-e
Arqueoloxía - Actividades
Escrito por IEM -Sec   
Domingo, 25 Xuño 2017 17:49
O Instituto de Estudos Miñoráns organiza o vindeiro venres 30 de xuño ás 20:30H o faladoiro "Pasado e presente no coñecemento das primeiras ocupacións humanas de Galicia" por Eduardo Méndez Quintas, arqueólogo e doutor en Evolución Humana e membro do IEM, que se desenvolverá na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avenida da Feira Nº 10 baixo, Gondomar.
eduardo

PASADO E PRESENTE NO COÑECEMENTO DAS PRIMEIRAS OCUPACIÓNS HUMANAS DE GALICIA

O coñecemento sobre o “cando” e o “como” da orixe do poboamento humano do que hoxe coñecemos como Galicia sufriu un forte retraso na investigación con respecto a outros períodos da nosa Prehistoria. É máis as escasas nocións que se tiñan sobre este período esbozaban unha imaxe de atraso e de conservadorismo anacrónico, que sustentaban o a decimonónica idea do “atraso secular e Galicia”. Na actualidade as investigacións desenvoltas en diferentes puntos de Galicia, nomeadamente na bacía do rio Miño permite ter unha idea totalmente diferente desta época.Estes traballos permítennos falar do intre no que os primeiros grupos humanos establécense na rexión fai algo máis de 300.000 anos. As mostras das actividades destes primeiros galegos as podemos observar en xacementos tan representativos como as Gándaras de Budiño, O Cabrón ou Porto Maior. En Porto Maior temos as primeiras mostras seguras de presenza humana en Galicia, datadas en cerca de 300.000 anos. Tamén atopamos un escenario de ocupación, caracterizado por unha grande acumulación de útiles, a cal non atopa paralelo estrito en todo o continente europeo. Gándaras de Budiño e O Cabrón nos falan dos últimos grupos que empregan unha forma de traballar a pedra que chegou de África miles de anos antes. Os humanos que habitaban estes dous xacementos son dos últimos exemplos das xentes que usaban esta tecnoloxía e xa son
Ler máis...
 
Obradoiro "Telearqueoloxía 2016" o próximo mércores 29 de xuño PDF Imprimir Correo-e
Arqueoloxía - Actividades
Escrito por IEM -Sec   
Domingo, 26 Xuño 2016 02:09
obradoiro-telearqueoloxa
O obxectivo principal destes obradoiros é poñer en valor un conxunto de traballos de investigación en formato audiovisual sobre o patrimonio arqueolóxico da provincia de Pontevedra. Podedes atopar toda a información e as bases para participar na seguinte ligazón.
 
3ª Xornada de Portas Abertas no xacemento paleolítico d'O Cabrón (Arbo) PDF Imprimir Correo-e
Arqueoloxía - Actividades
Venres, 03 Agosto 2012 21:27

xornada_divulgativa

A Sección Arqueolóxica do Instituto de Estudos Miñoranos e o Concello de Arbo desenvolverán este sábado 4 de agosto unha nova xornada de divulgación do xacemento paleolítico localizado no paraxe O Cabrón. A mesma terá lugar ás 18 horas e consistirá nunha visita guiada pola Estación a cargo do equipo que está a traballar na zona dirixido por Eduardo Méndez.
Ler máis...
 
Xornada de portas abertas no xacemento paleolítico de Arbo e conferencia no Museo ARABO. PDF Imprimir Correo-e
Arqueoloxía - Actividades
Escrito por IEM   
Venres, 27 Xullo 2012 18:41

arbo3

O xacemento arqueolóxico paleolítico d'O Cabrón (concello de Arbo,) un complexo de máis de 300 mil de antigüidade, será aberto novamente ao público este sábado 28 de xullo. O equipo arqueolóxico dirixido por Eduardo Méndez (IEM) recibirá aos visitantes para dous percorridos guiados pola estación, o primeiro ás 11 horas e outro pola tarde ás 18:30 horas. Posteriormente, ás 20 horas, terá lugar unha conferencia onde se presentarán os resultados das pescudas e unha demostración da elaboración e uso das ferramentas paleolíticas, no Museo ARABO de Arbo.
Ler máis...