Última conferencia do cliclo de arqueoloxía "Pedro Díaz" a cargo de Eduardo Méndez |
![]() |
![]() |
![]() |
Arqueoloxía - Novas | |||
Escrito por IEM | |||
Mércores, 28 Abril 2010 20:09 | |||
Última conferencia do ciclo de Arqueoloxía “Pedro Díaz” impartida polo director da sección de Prehistoria e Arqueoloxía do Instituto de Estudos Miñoranos, Eduardo Méndez Quintas
O próximo *venres 30 de abril ás 20:30h*. na Aula de Cultura “*Ponte de Rosas*” (Avda. da Feira, 10, baixo, Gondomar) e dentro do Primeiro ciclo de conferencias sobre Arqueoloxía que leva o nome de Pedro Díaz, organizado pola sección de Xeografía, Historia, Arqueoloxía e Etnografía do *Instituto de Estudos Miñoranos* terá lugar a última das conferencias que será impartida polo director desta sección do IEM *EDUARDO MÉNDEZ QUINTAS* A conferencia versará sobre “*As orixes do primeiro poboamento humano de Galicia”* Nesta última conferencia do ciclo con que o IEM quere facer un sinxelo recoñecemento a Pedro Díaz o estudoso da arqueoloxía nos vales das ribeiras da ría de Vigo estará presente a súa viúva María del Carmén Rodríguez Seoane
|