Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.

Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio Arqueoloxia Artigos O Cabrón mostra a súas primeiras xoias
Skip to content
O Cabrón mostra a súas primeiras xoias PDF Imprimir Correo-e

Arqueoloxía - Novas
Mércores, 28 Xullo 2010 22:14
limpeza-web6
Xa comezaron os traballos arqueolóxicos na estación arqueolóxica de O Cabrón, no Concello de Arbo. Entre as viñas que dominan a paisaxe, o primeiro "choio" foi limpar o eido onde comezará a escavación para descubrir os perfiles que permitirán analizar a estratigrafía do lugar.
Coas ferramentas adecuadas fíxose un corte dun metro de profundidade que deixou a descuberta os primeiros trinta utensilios. A sorpresa foi maiúscula por que non se esperaba atopar tal volume de pezas nesta etapa.
As mostras permítennos afirmar que se trata dun xacemento do Paleolítico Inferior de tipo acheliense de máis de 200.000 anos de antigüidade. O sitio ten unha cronoloxía similar ás atopadas nas escavacións realizada polo Instituto de Estudos Miñoranos no Porto Maior (Concello de As Neves) e a Chan do Cereixo (Concello de Gondomar).
Pola mañá cedo, os traballos desenvolvéronse a bo ritmo a pesar da intensa calor. Ao tempo que se limpaba o perfil estratigráfico tomáronse cun teodólito as medidas do eido para debuxar o xacemento. Cando a escala marcou o primeiro metro asomou un fermoso biface de cuarcita en perfecto estado.
O xacemento ten a particularidade de atoparse tal cal o deixaron seus antigos habitantes do Paleolítico Inferior, sen a típica dispersión das pezas obra da erosión e o paso do tempo. O que representa a primeira estación arqueolóxica destas características en Galicia.
Todo isto fai pensar que a medida que avancen os traballos, os datos serán maiores e de moita valía. A estación ten en principio uns vinte metros cadrados, onde se escavará e investigará este asentamento prehistórico.
O equipo encargado do proxecto está a cargo da Sección de Arqueoloxía do Instituto de Estudos Miñoranos baixo a dirección do arqueólogo Xosé Lois Vilar. Os traballos de campo están coordinados por Eduardo Méndez Quintas e o equipo está integrado polos membros do IEM: Andrea Serodio, Anxo Rodríguez, Carlos Méixome, Xilberte Manso e Roberto Rodríguez Álvarez.
O proxecto conta coa colaboración da Vicerreitoría de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo, que achegou materiais técnicos. Tamén, conta co asesoramento científico de Manuel Santonja, coordinador da Área de Arqueoloxía Económica y Espacial do Centro Nacional de Investigación en Evolución Humana de Burgos (CENIEH).
Para todos aqueles amantes de noso patrimonio histórico, deixamos a continuación unha reportaxe en imaxes da primeira xornada de escavación no xacemento do Cabrón. Pica aquí.