Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Presentación da revista REM Nº18 (2019)

 

O venres 7 de xuño, ás 20:30H na Biblioteca Pública Municipal de Baiona, presentarase a revista REM nº 18 (2019) do Instituto de Estudos Miñoráns.

O acto contará con colaboración musical e as intervencións de Xulián Maure Rivas, Natalia Jorge Pereira, Xilberte Manso de la Torre, Soledad García Riveiro e Antonio Soliño Troncoso que farán unha breve presentación das súas colaboracións.

Conduce o acto María Lemos Cerqueira.

Está en:  Inicio Arqueoloxia Artigos O Xacemento de O Cabrón fornece información relevante sobre o Paleolítico Inferior en Galicia.
Skip to content
O Xacemento de O Cabrón fornece información relevante sobre o Paleolítico Inferior en Galicia. PDF Imprimir Correo-e

Arqueoloxía - Novas
Venres, 30 Xullo 2010 21:53
O Cabrón lasca
As escavacións no xacemento de O Cabrón, Concello de Arbo, achegaron ata o de agora máis de noventa pezas atopadas nunha área de nove metros cadrados. Entre os obxectos cóntanse núcleos, lascas de cuarcita de diferentes tamaños, así como bifaces en perfecto estado de conservación.
Como informamos con anterioridade, o xacemento ten a característica de presentarse tal cal o deixaron os seus antigos habitantes, o que permite aos investigadores facerse cunha valiosa información que sen dúbida aportará novos e relevantes datos sobre a vida de ai máis de 200.000 anos nestas terras da beira do Miño.
Dos nove metros cadrados escavados, cincos corresponden ao primeiro perfil de traballo e é o lugar onde se atoparon a maior parte da industria lítica. Un sóndeo complementa os catro metros cadrados restantes e permitiu atopar cerámica nos estratos superiores e bifaces nos inferiores.
Un grande bifaz e unha lasca de sílex foron as dúas xoias do día, a primeira pola beleza do traballo que os antigos fixeron nela e a segunda pola escasa presenza dese tipo de material no lugar.
Achegamos algunhas das imaxes do segundo e terceiro día de traballo: 2º xornada      3ªxornada