Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.

Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio Arqueoloxia Artigos Remate da primeira etapa dos traballos arqueolóxicos no xacemento O Cabrón.
Skip to content

Relacionados

Remate da primeira etapa dos traballos arqueolóxicos no xacemento O Cabrón. PDF Imprimir Correo-e

Arqueoloxía - Novas
Martes, 03 Agosto 2010 22:57
o-cabron-3-web
Nos traballos de hoxe no xacemento de O Cabrón (Concello de Arbo), do Paleolítico Inferior, atopáronse novas pezas. O equipo do IEM, traballou dende cedo coa intención de pechar unha primeira etapa de sóndeo que xa deixou máis de cen pezas, mostras de industria de tipo achelense que as probas de laboratorio datarán con exactitude, pero podemos xa adiantar que roldan os 200.000 anos.
Deixamos esta ligazón coas imaxes dos traballos do día. (Fotografías: Xilberte Manso de la Torre).