Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Homenaxe a Antonio Fraguas Fraguas. Xoves 23 de maio ás 20:30H

O vindeiro xoves 23 de maio o Instituto de Estudos Miñoráns, IEM, en colaboración co concello de Gondomar, celebrará unha homenaxe a Antonio Fraguas Fraguas, a quen se lle dedica a data das Letras Galegas este ano.

Camiño Noia Campos, catedrática emérita de Filoloxía Galega na Universidade de Vigo, ofrecerá unha charla sobre este narrador oral excepcional e intelectual con unha popularidade moi pouco común, que contribuíu ademais a defender o galego como lingua de expresión válida para calquera coñecemento.

O grupo Teatro do Ar, representará a obra Distintas compañías inspirada en contos e lendas recollidas por Antonio Fraguas.

Acompañando á palabra e a escena, estará a actuación de Urbano Cabrera, cantautor galego de ampla traxectoria no mundo da música, comprometido coa potenciación do idioma galego, en toda clase de estilos, dende o folkata o blue.

O primeiro disco de Urbano Cabrera, Tarantela, saíu á luz en 1996, ó que seguirán Segundo Andar no 2000 e Penalba en 2004. En 2018 edita o recopilatorio Selección, tanto en formato físico coma en streaming. En maio de 2019 sairá́ publicado o seu derradeiro traballo Soñarás en maio coas chuvias de abril.

O acto terá lugar na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avda. da Feira 10 Baixo, ás 20:30H

Está en:  Inicio Arqueoloxia Artigos 2º Premio Telearqueoloxía 2016: Equus ferus atlanticus
Skip to content
2º Premio Telearqueoloxía 2016: Equus ferus atlanticus PDF Imprimir Correo-e

Arqueoloxía - Novas
Escrito por IEM -Sec   
Sábado, 17 Decembro 2016 00:23
15591058_1156090894439944_5764443003477547655_o

Vénse de fallar o concurso de premios para vídeos de temática arqueolóxica promovido polo Museo de Pontevedra e baixo o patrocinio da Deputación de Pontevedra.

Nesta primeira edición concorreron ao premio un total de 49 curtas, 25 e 24 respectivamente, que participaron en dúas categorías: Lascas , para menores de 18 anos, e Bifaces para maiores.

O IEM participou na categoría Bifaces cunha curta que non podía sobrepasar os 15 minutos, e que titulou Equus ferus atlanticus, logrando o segundo premio da categoría, despois da curta titulada "Os restos do pasado: unha viaxe pola Lanzada", que se fixo co diploma e 3000€ de premio.

A curta do IEM, que foi presentada en colaboración con Arraianos producións e Zinemusic producciones, que se encargaron da parte técnica e do son do vídeo, logrou 2000 € de premio que serán compartidos polas asociacións que colaboraron na realización.

A curta é un resumo breve dun traballo que o equipo do IEM vén realizando sobre o estudo dos garranos da Serra da Groba e a súa representación gráfica nos gravados rupestres que se teñen atopado na nosa contorna e na bacía do río Miño, tanto na beira portuguesa como galega.

 

Como traballo de curta duración e aínda en fase de investigación, no vídeo non se amosan tódalas representacións que se coñecen, nin algunhas novidades que o IEM ten pensado facer públicas en breve. Si se indica o gran valor que teñen os garranos como patrimonio natural e cultural, senlleiro das nosas terras do sur e do norte de Portugal, e dos petróglifos con escenas de monta e caza de équidos que se coñecen e outros de novo descubrimento nos que hai patróns gráficos e estéticos novidosos no mundo da arte rupestre galega.

O IEM vai dedicar integramente a parte que lle corresponda do premio a investimento no patrimonio do Val Miñor e a seguir colaborando con Arraianos producións noutros proxectos sobre arqueoloxía e etnografía, para difundir e dar a coñecer a gran riqueza patrimonial que temos no Val de Miñor e que en moitos casos está en perigo de desaparición ou de estragarse.

O IEM quere facer pública a colaboración desinteresada de persoas e de entidades que colaboraron para que este proxecto chegase a bo fin, e vai facer en próximas datas proxeccións e charlas explicativas coa curta, para divulgar este rico patrimonio, ofrecéndoa en primeiro lugar aos colexios, institutos, a asociacións, comunidades de montes e outras entidades que amosen interese polo noso patrimonio.