Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Presentación da revista REM Nº18 (2019)

 

O venres 7 de xuño, ás 20:30H na Biblioteca Pública Municipal de Baiona, presentarase a revista REM nº 18 (2019) do Instituto de Estudos Miñoráns.

O acto contará con colaboración musical e as intervencións de Xulián Maure Rivas, Natalia Jorge Pereira, Xilberte Manso de la Torre, Soledad García Riveiro e Antonio Soliño Troncoso que farán unha breve presentación das súas colaboracións.

Conduce o acto María Lemos Cerqueira.

Está en:  Inicio Arqueoloxia Artigos Comezou a segunda fase de escavacións no xacemento de O Cabrón
Skip to content
Comezou a segunda fase de escavacións no xacemento de O Cabrón PDF Imprimir Correo-e

Arqueoloxía - Novas
Martes, 21 Setembro 2010 19:57

{youtube width="200" height="160"}SWNb_kl2DlM{/youtube}

Onte pola maña, o ruído das pas e picos batendo contra a terra anunciou o inicio da segunda fase dos traballos arqueolóxicos nas viñas de O Cabrón, no municipio de Arbo.  O obxectivo da xornada era avanzar na primeira terraza escavada e no segundo rectángulo da sondaxe ata aproximarse aos estratos onde se atoparon as primeiras pezas.

Con todo, a terra meiga sempre agocha sorpresas e poucos centímetros despois de tirar  a capa superficial de terra, un grande conxunto de industrias comezou a debuxarse na terraza principal do xacemento. Cunha diferenza apreciable con relación ao primeiro tramo escavado a liña arqueolóxica situouse moi por enriba do agardado. Por outra banda, no rectángulo da segunda  sondaxe, situada a menos dun metro da principal, non se atopou ningunha peza.

Hoxe continúan os traballos de escavación e recollida de pezas arqueolóxicas coa certeza de que novos achados permitirán afondar na interpretación do xacemento.