Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Presentación da revista REM Nº18 (2019)

 

O venres 31 de maio, ás 20:30H na Biblioteca Pública Municipal de Baiona, presentarase a revista REM nº 18 (2019) do Instituto de Estudos Miñoráns.

O acto contará con colaboración musical e as intervencións de Xulián Maure Rivas, Natalia Jorge Pereira, Xilberte Manso de la Torre, Soledad García Riveiro e Antonio Soliño Troncoso que farán unha breve presentación das súas colaboracións.

Conduce o acto María Lemos Cerqueira.

Está en:  Inicio Arqueoloxia Artigos O arqueólogo Dr. Manuel Santonja visitou o xacemento O Cabrón.
Skip to content

Relacionados

O arqueólogo Dr. Manuel Santonja visitou o xacemento O Cabrón. PDF Imprimir Correo-e

Arqueoloxía - Novas
Venres, 24 Setembro 2010 23:21

{youtube width="200" height="160"}keTMCM4Dh-Y{/youtube}

O arqueólogo Dr. Manuel Santonja Gómez  opinou que o xacemento O Cabrón será "un hito" do coñecemento do Paleolítico Inferior en Galicia e o Norte da Península Ibérica. O experto visitou onte a escavación acompañado polo director do IEM Carlos Méixome, o director do proxecto, o arqueólogo  Xosé Lois Vilar (IEM), o director dos traballo de campo Eduardo Méndez Quintas (IEM), e parte do equipo de traballo da Sección de Arqueoloxía.

Nos próximos días continuarán as pescudas no xacemento ao mesmo tempo que outros expertos chegarán para aportar os seus coñecementos o que permitirá afondar na investigación.  O proxecto conta coa colaboración da Vicerreitoría de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo, que achegou materiais técnicos ademais do asesoramento científico de Manuel Santonja, coordinador da Área de Arqueoloxía Económica y Espacial do Centro Nacional de Investigación en Evolución Humana de Burgos (CENIEH).