Skip to content

Relacionados

Xacemento O Cabrón. PDF Imprimir Correo-e

Arqueoloxía - Novas
Venres, 01 Outubro 2010 21:07

{youtube width="200" height="160"}tqvo5c8coaE{/youtube}

O material paleolítico parece manar do chan do terreo O Cabrón no concello de Arbo. Logo da visita do Dr. Manuel Santonja, o equipo da Sección de Arqueoloxía do IEM continuou onte coas escavacións na terraza principal do depósito.

Eduardo Méndez Quintas retirou coa colaboración do seu equipo as novas industrias asentadas xa sobre a rocha base. A terraza comezou a perfilarse para a súa ampliación sobre a marxe esquerda, traballo necesario para dar amplitude ao depósito e así lograr unha maior perspectiva. Para os próximos meses agárdase a chegada dun equipo de expertos do Centro Nacional de Investigación en Evolución Humana de Burgos (CENIEH), que achegarán os seus equipos e coñecementos para comezar a datar o material extraído ata o momento