Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.

Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio Arqueoloxia Artigos Entrevista do IEM co Xefe de Servizo de Arqueoloxía da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural
Skip to content
Entrevista do IEM co Xefe de Servizo de Arqueoloxía da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural PDF Imprimir Correo-e

Arqueoloxía - Novas
Martes, 07 Decembro 2010 23:54
o-cabron-3-web

Nunha reunión mantida entre Eduardo Méndez Quintas, director da Sección de Xeografía , Historia, Arqueoloxía e Etnografía do Instituto de Estudos Miñoranos e o Xefe de Servizo de Arqueoloxía da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, Eugenio Rodríguez Puentes, este comprometeuse a achegar os fondos necesarios para comezar os estudos de datación do xacemento do Paleolítico Inferior da finca "O Cabrón", no concello de Arbo.

A partida contemplarase no próximo orzamento da Xunta. Na mesma reunión fíxose entrega do preceptivo informe dos traballos realizados así como do proxecto a desenvolver no futuro.
A datación do xacemento estará a cargo de especialistas do Centro Nacional de Investigación en Evolución Humana de Burgos. O método de investigación será o de Resonancia de Espín Electromagnética (ESR). Nun primeiro momento realizarase o traballo de campo para a toma de mostras de sedimentación que posteriormente serán analizadas no laboratorio.