Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Homenaxe a Antonio Fraguas Fraguas. Xoves 23 de maio ás 20:30H

O vindeiro xoves 23 de maio o Instituto de Estudos Miñoráns, IEM, en colaboración co concello de Gondomar, celebrará unha homenaxe a Antonio Fraguas Fraguas, a quen se lle dedica a data das Letras Galegas este ano.

Camiño Noia Campos, catedrática emérita de Filoloxía Galega na Universidade de Vigo, ofrecerá unha charla sobre este narrador oral excepcional e intelectual con unha popularidade moi pouco común, que contribuíu ademais a defender o galego como lingua de expresión válida para calquera coñecemento.

O grupo Teatro do Ar, representará a obra Distintas compañías inspirada en contos e lendas recollidas por Antonio Fraguas.

Acompañando á palabra e a escena, estará a actuación de Urbano Cabrera, cantautor galego de ampla traxectoria no mundo da música, comprometido coa potenciación do idioma galego, en toda clase de estilos, dende o folkata o blue.

O primeiro disco de Urbano Cabrera, Tarantela, saíu á luz en 1996, ó que seguirán Segundo Andar no 2000 e Penalba en 2004. En 2018 edita o recopilatorio Selección, tanto en formato físico coma en streaming. En maio de 2019 sairá́ publicado o seu derradeiro traballo Soñarás en maio coas chuvias de abril.

O acto terá lugar na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avda. da Feira 10 Baixo, ás 20:30H

Está en:  Inicio Arqueoloxia Artigos O IEM participa no proxecto de dixitalización en 3D e realización de moldes en cerámica.
Skip to content
O IEM participa no proxecto de dixitalización en 3D e realización de moldes en cerámica. PDF Imprimir Correo-e

Arqueoloxía - Novas
Escrito por IEM   
Xoves, 17 Febreiro 2011 22:27
xilberte_quico_carlos_vilar_ordenador
Download this file (ESCANEO EN 3D SEN CONTACTO E MDT DE PETRÓGLIFOS DO VAL MIÑOR.pdf)
Download this file (web - Cerámica-Proxecto.pdf)
  • Anterior
  • 1 of 4
  • Seguinte
Os petróglifos do Val Miñor serán o centro dunha iniciativa de investigación aplicada que permitirá o escaneado en tres dimensións dos mesmos. O proxecto "Catalogación e dixitalización de petróglifos do Val Miñor e realización de modelos en xeopolímeros e cerámicas de arxila cocida", permitirá o desenvolvemento, por primeira vez en Galicia, da reprodución dixital dos petróglifos. Esta nova tecnoloxía baseada nunha nova xeración de escaners tridimensionais, significará pola súa perfección unha verdadeira revolución en materia de investigación e divulgación científica. Asemade a aplicación destes arquivos dixitais, xerados polos escaners poderán ser reutilizados en reproducións fidedignas en distintos materias e aplicacións.
O proxecto é resultado da colaboración do Instituto de Cerámica de Galicia (ICG), a Fundación Instituto Tecnológico de Materiales de Asturias (ITMA) e mais o Instituto de Estudos Miñoranos (IEM). Foi seleccionado coa maior puntuación pola Secretaría Xeral da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, DOG 246 de 24/12/2010 (páx 20.848), nas axudas concedidas para o desenvolvemento de proxectos da tecnoloxía dos materiais e da construción, dentro dos programas sectoriais de investigación aplicada, PEME I+D e I+D Suma do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación tecnolóxica cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013.
O proxecto foi presentado publicamente hoxe na Aula de Cultura Ponte de Rosas, en Gondomar. Participaron polo ICG o profesor-doutor e investigador Francisco Guitián e o doutor en Física e investigador do ICG Víctor Valcárcel. Polo IEM estiveron presentes o seu director, o profesor Carlos Méixome, o arqueólogo Xosé Lois Vilar, o director da Sección de Arqueoloxía Eduardo Méndez Quintas e mais os profesores Bruno Centelles e Xilberte Manso.
De 3D petroglifos