Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Encontros con contos- Contos saharauís en galego. Xoves, 24 de agosto ás 18:00h.

O vindeiro xoves 24 de agosto os nenos e nenas saharauís e as súas familias acolledoras participarán na actividade “Encontros con contos” organizada polo IEM e no que se presentarán os contos de tradición oral saharauís dos compartidos e recollidos para posteriormente traducilos á nosa lingua galega ( “O peixiño Macarún” e “ A bolboreta e a formiga” “ O ourizo e o lobo”” A velliña e o home enfermo” “ O pantalón de Alí” ) .
Todos estes contos serán publicados na páxina web da Biblioteca Virtual da Asociación de Tradutores Galegos.
Dende o IEM queremos agradecer ás familias miñoranas este intercambio cultural e recibimos o seu exemplo solidario como un agasallo máis nestes tempos de crise, desexando que o próximo verán poidamos agrandar a colaboración destes nenos e nenas, que son a mellor semente dun futuro en paz.
O acto de presentación será na sede do IEM ás 18:00h.

Está en:  Inicio Arqueoloxia Artigos Xornadas de portas abertas no xacemento paleolítico d´O Cabrón
Skip to content
Xornadas de portas abertas no xacemento paleolítico d´O Cabrón PDF Imprimir Correo-e

Arqueoloxía - Novas
Venres, 22 Xullo 2011 20:41
bifaz

Unha vez iniciada a segunda fase de escavacións no xacemento paleolítico da finca d´O Cabrón, o luns, 25 de xullo, haberá unha xornada de portas abertas na que os veciños e veciñas de Arbo e todas as persoas interesadas poderán tanto contemplar os traballos arqueolóxicos como recibir explicacións sobre os traballos e achados por parte dos especialistas do IEM.
As visitas dará comezo ás 11.30h. na quenda de mañá e ás 18h. na quenda da tarde.
Estas xornadas de portas abertas son posibles grazas ao convenio de colaboración asinado polo concello de Arbo e o Instituto de Estudos Miñoranos.